Foto biblioteca

Foto biblioteca

19/06/26

Recomendacións lectoras

     Co remate do curso, despedímonos desde o blog da biblioteca cunha serie de recomendacións lectoras gravadas polo alumnado na radio de Polos Creativos, que se van publicar na nova canle de iVoox Podcast IES Illa de Ons.

     Ademais de acoller os consellos lectores no programa Radio Libros Ons, este novo espazo vai publicar tamén os podcast gravados en lingua inglesa, accesibles desde o programa Off the Record.


     Agardamos que estas propostas vos acompañen durante as vacacións e vos animen a descubrir novas historias.

     Bo verán e gozade da lectura!

Ningún comentario: