
O libro non me gustou porque cando me empezaba a gustar un relato xa rematara.O relato que mais me gustou foi o do circo,cando se enamorou dunha rapaza do circo que era francesa.
Sandra Smyth 3ºA



Umbrela 11.
Revista do IES Illa de Ons. Bueu. Galiza. Xuño de 2008.
Publicamos Umbrela 11 a un mes de ter publicado a nº 10, porque neste novo número incluímos todos os relatos que participaron no concurso organizado pola asociación Os Galos. Destacamos deste número:
Jorge Bernárdez Martínez, e 2º A, e Beatriz Vidal Patiño, de 1º C, obtiveron o 1º e 2º premio respectivamente na súa categoría, no concurso de relatos mariñeiros organizado pola Confraría de Bueu e a asociación Os Galos.Un ano máis as alumnas e alumnos de Dora conseguen os premios deste concurso. Os nosos parabéns aos premiados, a Dora e aos alumnos de 1º e 2º de ESO que participaron en grande número neste concurso.
Diarios de Adriana e Jacky. Novas entregas (capítulos 3 e 4) da novela, que xa está a piques de se publicar enteira na súa Googlepage e na súa páxina web.
Memoria de Adán. Nova entrega dos escritos, que tamén seguen publicándose na súa Googlepage.
Club dos Poetas Vivos. Nova entrega de poemas, algúns deles aínda non publicados na rede.
Pablo Seijas, un compositor e cantante que rematou 4º de ESO no IES Illa de Ons en xuño do ano 2007, e que nos entrega unha entrevista e algunhas gravacións de vídeo e audio da súa creación (algúns aínda non coñecidas). Podedes encontrar algúns destes materiais no blog do Equipo de N. e D. Lingüística. Queremos que as persoas que rematen os estudos no IES Illa de Ons teñan a posibilidade de colaborar tanto con Umbrela como cos diferentes blogs que se editan no centro, polo seu carácter de ex – alumnos.
Anxo Fariña Facemos unha pequena reportaxe fotográfica con e os seus debuxos, así como da charla de Xesús Constenla.
Viaxes. Publicamos crónicas das viaxes a Lourizán-Pontevedra e a Madrid.
Internet no Illa de Ons: Biblioteca:bibliotecailladeons.blogspot.com
Equipo de Normalización de D. Lingüística:
http://endl-illadeons.blogspot.com/
Umbrela : http://revistailladeons.blogspot.com/
Club dos Poetas Vivos.
Nova entrega de poemas,e seguiremos con máis entregas nas datas próximas.
Tamara García Piñeiro
Teño un novo amor,
que non me traizoa.
Ámoo máis do que te amei a ti.
Estreya
Por que choras, se te quero?
Non o sei,teño medo
Xa non sei se te amo
É un pesadelo.
Agustín Gallego
Escuitas !
Alguén fala.
Esa voz…
Quen é?
Pode ser…
Non sei.
Dubido.
Creo, penso
si
a voz do amor.
Preme nesta ligazón para ver a creación do Club do Poetas Vivos
http://bibliotecailladeons.googlepages.com/homeUn ano máis vense de celebrar o concurso de literatura mariñeira, organizado pola confraría de pescadores San Martiño de Bueu e a Asociación "Os Galos", coa participación de tódolos centros educativos do concello de Bueu.
Desde aquí, felicitamos ós dous alumnos/as do noso centro que levaron o 1º e 2º premio no nivel de 1º ciclo da ESO.Estes son os traballos que presentaron ó concurso.O resto de traballos presentados polos alumnos/as do centro podedes velos na revista Umbrela nº 11, que está próxima a saír.
http://revistailladeons.blogspot.com/1º premio concurso literatura mariñeira do 1º ciclo da ESO
Sería cuestión de sorte?
Beatriz Vidal Patiño-1º C
Hai algúns anos, cando eu era unha cativiña dun ano, vivín a miña primeira gran aventura, e comenza así:
Daquela,os homes ían pescar os pintos, e as maragotas para comer, mentres que as mulleres abrían as casa, amañábanas, e ían ó cemiterio poñer candís, velas e flores para honrar os mortos. Ese mes de Novembro, concretamente o día un coincidiu no medio da semana, entón os armadores dos barcos colleron as
súas familias, para levalas á illa, e despois ir largar as nasas do polbo para ver se pescaban algo.
Cando os viron chegar todos gritaban o meu nome con xúbilo. Nun só día pescaran o que non pescaban no mes. O meu padriño riu e dixo que como era tan cativa non me podía levar ó mar, pero sí ía por unha foto miña na ponte do barco.
Din que houbo máis crise na pesca pero sempre lembran ese día na casa, por algo será…
2º premio concurso literatura mariñeira
do 1º ciclo da ESO
"Anécdotas dun home de mar".
Jorge Bernárdez Martínez,2º A
O ciclón de Terranova.
A morte no mar.
Rescate no María Gallego.
Hoxe en día, meu pai faena no caladoiro de Gran Sol, unha cousa parecida ó de Terranova, pero sen tanto frío. Está embarcado no Pescaberbés Tres. Neste barco tamén viviu un dos episodios que nunca se debería vivir. Tivo que ir ó rescate do “María Gallego” porque eran os que máis preto estaban del. Isto foi xa nunha data recente, en Agosto de 2006.
Este naufraxio foi unha cousa vista e non vista, pois en cuestión de vinte minutos o barco afundírase. A tripulación do barco sinistrado empregou os medios de salvamento que lles deu tempo. Uns tiñan chaleco, outros non. Algúns tiñan roupa de abrigo, outros simplemente coa que se atopaban na cama, pero todos se botaron ás balsas salvavidas que foi onde os encontraron cando chegaron ó lugar do suceso.
Unha vez a bordo do barco, sans e salvo, déronlle de comer, roupa e calzado e trasladáronos ó porto máis próximo que era o de Castletown, en Irlanda.




Podedes ver a novela publicada deica agora indo a ligazón da esquerda,"Diarios de Adriana e Jacky"
capitulo XI
Diario de jacky
14/04/08
Hoxe pola noite disque hubo moito temporal. Eu non o sei porque durmín até que soou o espertador. Pero segundo contan choveu máis nunha noite que en todo o mes de Marzo, e o vento moveu tellas, arrincou árbores...Eu só puiden ver algúns sucesos pola mañá que aconteceron pola noite: como que á miña veciña caeulle a persiana da fiestra da cociña, que o pao da luz apareceu no chan e pola mañá non tivemos luz até a hora de xantar que viñeron poñelo ben os de Fenosa. Ou como o sinal de ``stop´´ que estaba xunto ao instituto que quedou no chan.
Cando saín da casa chovía moitísimo. Menos mal que é meu o que me leva ao instituto e non teño que depender do autobús, nin coller ningunha molladura cando chove moito por mor da chuva.
Ao chegas a clase, case non había ninguén. Algúns chegaron a segunda hora e outros a terceira. En total eramos quince ao final do día. Polo menos ao final non faltou tanta xente. Eu tamén, se lle fixera caso a miña nai, faltaba, pois non facía máis que dicirme: “A onde vas a ir con este tempo? Ti sabes o temporal que fixo esta noite?” Eu non lle fixen caso. Nunca choveu que non escampase! E así foi: ás dez e algo parou de chover, e as nubes deron lugar a un sol que lucía radiante
Na clase de Inglés como eramos poucos, xa que era primeira hora, xogamos ao “Bingo in english”, un xogo que tiña a mestra no seu departamento. Consistía nun bingo con palabras inglesas. A graza foi que Luís non sabía o que significaba a palabra “donkey” e quedou como tal. Mira que non saber como é burro en Inglés...
A segunda hora, chegou Marcos. Viña todo pingando, disque perdeu o autobús e tivo que vir a andar dende a súa casa. Non sei que sentín ao velo, estaba tan indefenso, coa súa cazadora enchoupada (que tivo que colocar enriba do calefactor) Sentín ganas de axudarlle, de botarlle unha man para que non fose coller unha gripe pola molladura. Pero non o fixen. Considero que se o axudara faría aínda máis grande esta barreira que nos separa.
A terceira hora en Educación Física fixemos exercicio en parellas nas espaldeiras. Tocoume con Rosa. Menos mal polo menos tocoume con alguén de confianza! A Marcos tocoulle con Diego, os dous estiveron a carón meu e de Rosa.
Cando soou a campá do recreo fomos deixar as cousas de Educación Física na aula, logo estivemos sentadas nas escaleiras onde me enteirei de que a vella de onte, a que Rogelio atropelou e logo levou na moto, aceptou un pouco da herba que este lle deu, pois como tiña recendo pensou que se lle botaba á auga de San Xoán e quedou en metela no conxelador e sacala a Véspera da festa para facer a auga. Se soubese que é droga! Que moitos morren por sobredose a causa de esta ou de plantas similares! Que remata coa felicidade de moitas familias!
Ao tocar a campá, de regreso á aula, apareceu un televisor a carón da mesa do profesor. Quen o traería? Estaría alguén nela no recreo? As respostas atopeinas cando pechou a porta a mestra de Ética.
-Que fas aquí. Non temos Ética! Dixo Germán
-Tedes garda raparigo, a de lingua Castelá non asistirá a clase. Concluíu ela.
-Entón que nos vas poñer? A “Ruleta de la suerte” ou “La cocina de Carlos Arguiñano”? Preguntou Germán.
-Non sexas parvo, non me veñas a tomar o pelo. A ver imos seguir vendo a película da materia que eu imparto.
-Que? Non me veñas amolar o día máis do que mo amolaches dicíndome que viñas ti nesta hora. Prefiro mirar mil veces a Gayoso que esa pallasada de películas sobre a ética. Volveu dicir Germán.
-Queres saír da aula a dar un paseo?
-Se vou para a cafetería e pagas ti, pois vou encantado
-Vale, mira, sabes o que che digo? Que non che fago máis caso, imos ver a película e punto.
Ao final púxonos a película, pero cortouna pola metade xa que Rogelio comezou a cantar “o valse das bolboretas” xunto con Germán e Ángel, entón ela mandounos para fóra da aula. Eles comezaron a dirixirse á porta, pero antes dixeron que marchaban coa cabeza ben arriba.
De aí a cinco minutos entrou Ángel, foi o único que deixou entrar. Daquela petaron na porta.
-Quen é? Preguntou a mestra
-Son eu. Dixo Germán
-Que queres? Ves buscar algo?
-A ti. Dixo Rogelio
Entón Ángel dende dentro da aula púxose a dicir a frase que faltaba para completar a canción de Pimpinela.
A mestra íalles poñer unha falta de orde pero tocou o timbre e tiña que marchar a dar clase a terceiro B.
Á saída, acercóuseme Ana Belén. Era para dicirme que se ía con ela até a cafetería da súa tía pola tarde e logo pola noite saía con ela. Quería ir a unha discoteca, mellor dito, a un bar de ambiente. Eu díxenlle que non ía, menos aínda a ese lugar. Como vou querer ir a un lugar onde sei seguro que vai Marcos. Para que? Para pasalo mal observando como me ignora e coquetea con outras mozas. Disto último non estou segura, pero non me estrañaría, encántalle facer as beiras ás mozas, sobre todo cando esta bebido. Iso é o que creo pois ten moitas amigas.
Ensineille a miña irmá Ainara quen era Lola. Vímola na farmacia. Miña irmá o primeiro que me dixo e que parecía `` Pocahontas ´´, e que semellaba unha rapaza moi nena. Iso tamén o cre Maika. Ela o día que a coñeceu díxome que tiña o aspecto dunha nena pequena. Pero eu a Maika non lle fago caso nin nesas cousas nin nos asuntos dos mozos. Os rapaces que lle acostuman a gustar, na miña opinión son bastante laidos. Contando coa excepción de Germán que é normaliño.
Cada un ten o seu gusto, e non me vou poñer a xulgar a ninguén. Por veces, canto máis atractivos fisicamente, máis chulos e cridos son. Isto pasa tamén nas rapazas, non todas somos santiñas, eu polo menos non me considero ningunha santiña. É verdade que son moi boíña, quizais de máis, pero teño o meu carácter, se non que llo pregunten a quen verdadeiramente me coñece.
Os enderezos de referencia xa foron anunciados na entrada do Instituto, mais indicámolos aquí de novo:
Biblioteca: bibliotecailladeons.blogspot.com
Equipo de Normalización de D. Lingüística:http://endl-illadeons.blogspot.com/
A grande riqueza lingüística, tanto pola expresividade como polo vocabulario mariñeiro, son un valor fundamental nesta obra.
Encontramos Memoria de Adán nunha Googlepage á que se pode chegar seguindo unha ligazón que se encontra no blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ou no da Biblioteca.

XOSÉ MARÍA
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
ESCOLMA DE PÁXINAS WEB E SITIOS DA REDE SOBRE O ESCRITOR,PARA O SEU USO EDUCATIVO.
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO C.E.I.P. QUINTELA (MOAÑA)
A páxina da Real Academia Galega dedicada ao escritor. O texto é de Darío Xohán Cabana,e fai referencia á biografía,obra literaria,ó erudito galeguista,ó editor,e reúne a súa bibliografía esencial.Contén fotos e imaxes.
PORTAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O Portal do día das letras galegas,con referencias biográficas e información de todos os homenaxeados.
PÁXINA DE GALIPEDIA SOBRE ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
A Páxina da Galipedia sobre Álvarez Blázquez,con biografía,e bibliografía do autor estruturada según o xénero.Recolle tamén os premios outorgados e ligazóns a outras páxinas.
Publica a noticia da elección do escritor como homenaxeado nas LG 2008,e explica de xeito breve os seus méritos.
PAXINA WEB DE CELS0 ÁLVAREZ CÁCCAMO
Unha páxina moi completa,por ampla,profunda e precisa.Fermosa reportaxe fotográfica,reúne moreas de materiais ,desde documentos sonoros a citas xornalísticas .Feita desde o respecto e admiración dun fillo.
A páxina da Biblioteca Virtual Galega sobre o autor,con todos os seus libros e outras informacións.
PRAZA DAS LETRAS-ALVAREZ BLÁZQUEZ
Contén pequena recensión biográfica e as portadas dalgúns libros .
Esta páxina ten unha biografía e a súa obra, recollidas de xeito moi didáctico.

Coñecín a Xesús Constela Doce no curso académico 2004-2005, mentres eu estaba a facer as prácticas da oposición e Xesús acababa de presentar o seu primeiro libro, “As humanas proporcións”, co que gañou o premio Torrente Ballester no 2003 e o premio da Asociación Española de Críticos Literarios no 2004.
Este primeiro libro foi traducido por min ao francés, agora está en varias editoriais francesas, esperando tanto pola miña parte, como por parte do editor galego e do escritor a súa publicación.
Na carta de presentación deste libro ás editoriais francesas fun moi sincera e directa, tanto en dar a miña opinión sobre o libro como sobre o seu autor: agarimoso, amable, sempre cun sorriso, bo compañeiro e un intelectual galego nos nosos tempos, polo menos a min devolveume as ganas de volver a ler en galego.
“As humanas proporcións” chamoume moito a atención tanto pola súa fácil lectura para todos os públicos como pola estrutura do libro, organizado en capítulos curtos. Por iso mesmo decidín traducilo, xa que dende había moitos anos non lía en galego algo actual e novidoso.
O mesmo sucedeu co “LIBRO DAS ALQUIMIAS”, novela que recomendo descubrir ao alumnado e o profesorado pola súa entrañable historia dun rapaz que aprende a quererlle aos libros.
Coido que non podo dicir nada máis sobre esta novela ata a súa presentación neste centro escolar, onde Xesús Constela ten a amabilidade de vir a presentárnolo o vindeiro luns 19 de maio pola tarde. Onde agardamos os alumnos de 3º e 4º da ESO así como os dos outros cursos que o estan lendo.
Quero dende esta páxina dar as grazas á directiva deste centro, os profesores e os alumnos que colaboran neste primeiro proxecto do Plan lector.
Fina Doce
Dinamizadora do Plan Lector.



O Club dos Poetas Vivos.
O Club dos Poetas Vivos xurdiu entre un grupo de alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES Illa de Ons de Bueu no outono do ano 2007. Cada un dos integrantes tiña escrito poemas e un día crearon un colectivo (“Ti/o meu universo…”). A partir de aquí presentouse a posibilidade de actuaren como un colectivo poético, polo que buscaron un nome e unha imaxe que os identificase. A imaxe é unha rosa que nos remite aos antigos tópicos literarios sobre vivir o momento presente (“Colligere virgo rosas”: coller as rosas no seu esplendor), e o mesmo acontece co nome Club dos Poetas Vivos, parafraseando o título do filme que trata dun grupo de alumnos poetas nun colexio de disciplina inglesa.
Os integrantes deste colectivo de poetas son Agustín Gallego Piñeiro, Estrella Pérez Porto, Tamara García Piñeiro e Yoel Parada Santos, todos eles estudantes no curso de 3ºB.
ahí vai unha pequena mostra do seu arte:
que me mata máis a túa dor
que a miña propia morte(YOEL)
O MAL,
asasino,
mal da cabeza,
que tantas vidas…
que tantas vidas leva.(AGUSTÍN)
Ti
o centro da miña vida:
douche as grazas
por quererme así
por amarme
sen medios
e facerme feliz.(TAMARA)
Cada noite
mirando as estrelas do ceo
pídolle a deus
que se algún día
os teus beizos non bico
me saque a vida.(ESTRELLA)
preme nesta ligazón para ver o traballo que fai o "Club dos Poetas Vivos"
http://endl-illadeons.blogspot.com/

Non é un libro moi bo, ten un vocabulario moi pobre. Nalgúns capítulos non se sabe moi ben de que trata nin quen o conta. Non me gustou, porque os capítulos non gardan relacion entre si e nalgúns casos deixache con intriga.
O libro de salitre e moi fácil de ler, de maneira que llo recomendo a toda a xente que queira lelo.
Adolfo Buceta Cobas 3º ( 18/11/09)



