Foto biblioteca

Foto biblioteca

22/03/10

Ollos de auga


Título: Ollos de auga
Autor: Domingo Villar
Editorial:Galaxia

Este libro gustoume. Faise interesante porque o morto desta historia é de Bueu, e foi por iso polo que o lín.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº 5

18/03/10

O Gran Meaulnes

O Gran Meaulnes Alain-Fournier

Este é un libro que me gustou especialmente.
A quen lle gusten as historias de amor recomendo que o lea.

Soidades de ana

Este libro é un dos que máis me gustou, pois conta a historia dunha rapaza que fai todo o posible para saber a verdade da morte da súa irmá.
Autor: Jordi Sierra i Fabra
Alba Friña Torres 18/03/2010

Rebeldes

Este libro gustoume moito e pareceume moi bonito. impresionoume as rivalidades entre ambas as bandas e a maneira en qe morreron os amigos de Jony.

Autor: Susan E. Hilton
Raquel Costa Ogand0 18/03/2010

Eu tampouco me chamo Flanagan


Título: Eu tampouco me chamo Flanagan
Autor: Andreu Martín- Jaume Ribera
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Este libro encantoume porque a historia dá tantas voltas que, ó final, xa non sabes como vai ser o final.
Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

Flanagan Blues Band


Título: Flanagan Blues Band
Autor: Andreu Martín- Jaume ribera
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Este libro encantoume porque sege coa mesma trama dos demais libros de Flanagan, polo tanto, engancheime a ler e nunha tarde xa o acabara.
Recomendo a todos que leades este libro porque se le rápido e porque sei que se comezades a ler, non poderedes parar.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

17/03/10

Noite de voraces sombras


Noite de voraces sombras, Agustín Fernández Paz

Gustoume moito. Pareceume un libro moi triste e fácil de leer. A historia que conta é moi fermosa e a forma de espresarse do autor é moi clara polo cal é un libro fácil de entender.

Iria Piedras Gómez 3ºB 17/03/10

A noite que Wendy aprendeu a voar




É un libro moi interesante, divertido e máis intrígate polo cal é doado deler.Animo a xente a lelo.

Edicion: XERAIS

Pablo Díaz Meijide 4º

15/03/10

Alfagann é Flanagan


Título: Alfagann é Flanagan
Autor: Andreu Martín- Jaume Ribera
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

En xeral, todas as novelas de Flanagan son boísimas, pero esta en especial, é a que máis me gustou.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

Flanagan de luxe


título: Flanagan de luxe
autor: Andreu Martín- Jaume Ribera
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Este libro encantoume e recoméndollo a todos porque a novela é tan boa que te engancha nada máis comenzar a ler.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

12/03/10

Flanagan 007


Título: Flanagan 007
Autor: Andreu Martín e Jaume Ribera
Editorial: Xerais -Fora de Xogo

Este libro é boísimo e recoméndollo a todo a mundo.
A trama é tan boa e está tan ben montada que fai que quedes sempre con ganas de seguir lendo.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

A noite que Wendy aprendeu a voar


Título: A noite que Wendy aprendeu a voar
Autor: Andreu martín
Editorial: Xerais -Fora de Xogo

Este libro é moi bo e recomendo que o leades porque ó longo da novela non para de contar cousas interesantes que fan que non te canses del e consege engancharte dende o principio.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

10/03/10

Morgún


Autor: Suso de Toro
Título: Morgún
Editorial: Xerais- Fóra de xogo

Este libro é moi interesante pero non o recomendo.
Faise moi difícil de de ler porque dá moitas voltas e a linguaxe é algo complexa.

Celestino Durán Pouseu. 4º Nº 5 (10/3/2010)

09/03/10

Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca




Autor: Xosé Miranda

Editorial: Xerais
Este libro foi para min unha ilusión, un soño. Xosé Miranda, o autor foi quen de transaladarme a un mundo de maxia e de fantasía.
Recoméndovolo, viviredes grandes aventuras con Amancio, Susana A man negra, Faustino Prósper e moitos máis...
Montando no tres da maxia, xamais saberemos onde poderemos chegar...

Aida Carballo Fazanes (09/03/10)

23/02/10

ORGULLOS@S DO NOSO, ORGULLOS@S DO GALEGO.

Todos podemos axudar, estando orgullos@s do noso,do galego.

21/12/09

Contacontos para os máis cativos


O venres 18 de decembro,5 alumn@s do centro foron ao CEIP A PEDRA,a contarlle contos aos de infantil de 4 anos.
Victoria Freire, contoulles a historia de "Xanardán e a becha".
Óscar Santos e Erica Ferradás contarionlle "A cebra Camila".

Álvaro Omil, contoulles a historia dos "tres bandidos".
Iria Piedras a historia do "lobo Buzú está namorado"
.

Pel de lobo




PEL DE LOBO
AUTOR/A : XOSÉ MIRANDA



Este libro serviume para me decatar da importancia que teñen algunhas persoas nas nosas vidas e o cariño e amor que lles debemos.
Se ao principio o libro non te engancha moito non te preocupes nin deixes de lelo, pois o interesante está ao final.
Aida Carballo Fazanes (21/12/09)

Conta saldada




O libro gustoume ,sobre todo cando a protagonista se entera de que ao seu pai o asasinaron. Entón ela quere descubrir quen fora ,logo ela pensa que o rapaz que a estaba axudando a descubrir ao asasino sería o seu irmá pero ao final non é.

Belén Estévez Rodríguez (21/12/09)

Chamabase luis




O libro non me gustou porque é triste e tamén porque os protagonistas estaban metidos na droga.

Belén Estévez Rodríguez ( 21/12/09)

Este libro trata dunha familia que vive o mundo dsa drogas moi cerca. Eu penso que reflicte bastante ben como viven as familias que teñen este tema tan cercano e o mal que o pasan os familiares.
Alba Paz Ferradás (21/12/09)

18/12/09

Ollos de auga

Gustoume moito o libro xa que mantén a intriga ata o último momento e van encaixando as pezas a medida que avanza a novela.
Pedro Novas Otero (21/12/09)