




Ola a tod@s aquí tedes unha mostra da nosa saída do 26 de xaneiro de 2009 ao teatro ver LA CRÈME DE LA CRÈME. Cos alumnos de primeiro, segundo e cuarto da ESO.



autor/a: Xoán Bernárdez Vilar
![]() | ||
| Minia está preocupada porque non sabe o que lle pasa a súa nai. As idas e voltas constantes ao médico co seu pai, as súas apertas máis emocionadas ca de costume ou os seus ollos apagados convéncena de que algo grave lle está sucedendo. As conversas que Minia, xa na altura dos quince anos, mantén con Churbi, o seu peluche, axúdana a reflexionar e a comprender que mesmo diante dos problemas máis difíciles e dolorosos cómpre encarar a vida con serenidade, confianza e esperanza. “Todo vai ir ben”, terceira novela xuvenil de Silvestre Gómez Xurxo, aborda con delicadeza e profundidade humana o tema do cancro, dende a experiencia dunha adolescente que está abrindo os seus ollos á vida e se ve obrigada a compartir o sufrimento e a loita contra a enfermidade grave da súa nai. Novela realista, artellada no xogo de dúas voces narrativas, proporciona unha visión informada e de lectura emocionante sobre algúns dos problemas aos que inevitablemente se enfrontan moitos seres humanos. | ||




A práctica da espeleoloxía permítenos:
Ademais de todo isto, a espeleoloxía ten un compoñente científico, xa que nós, como espeleólogos levamos a cabo:




PERO SE ELES TOCAN TI TES QUE BAILAR.
Eles toparon o remedio para bailar seguido sen que a chuvia te estrague unha festa. E co festeiros que somos en Galicia vai ser o invento do século. O pirandargallo, si, como o escoitades, o pirandargallo, que non é outra cousa que un paraugas pinchado no Polo Norte e tan grande como faga falta. Non podía ser outra cousa pensando que ven dun ourensán, Xan da Cova, precursor do Rexurdimento galego, de quen Lamatumbá recolle a idea. Un paraugas universal, unha proxección ourensá a escala planetaria. Así é como lle chaman ao seu último disco paraugas universal.
Xa temos o tempo asegurado para a festa, non choverá, pero faltan os músicos, a orquestra. E a orquestra do século XXI é LAMATUMBÁ. A verbena permanente.
Herdeira das grandes orquestras galegas dos anos cincuenta que incorporaban os ritmos bailables do jazz norteamericano, Lamatumbá é capaz de ir máis lonxe, atrévese a crear un novo son mesturando rock, cumbia, reggae, ska, pasodobre, funky… e o que lle boten. Se ti bailas eles tocan. Pero se eles tocan ti tes que bailar.
Actualiza o concepto de orquestra e dálle un senso próximo á xuventude pero sen perder de vista a esencia da orquestra, diríase máis, despóxanse de todo excepto do único esencial neste tipo de agrupación, son máquinas perfectas nacidas para facerte bailar.
As súas letras falan das nosas cousas e as súas músicas tamén, xa que incluso fan unha chiscadela musical a Los Tamara, a lendaria orquestra.
Lamatumbá, a festa rachada, a esmorga total.
