Foto biblioteca

Foto biblioteca

19/05/20

Flautista (Auletés)


Os poemas visuais que hoxe presentamos sobre a obra poética de Ricardo Carbalho Calero, tiveron como fonte de inspiración o poema Flautista (Auletés).



En Lokbias tañe una flauta,

en Sanssouci;
así consuela su nostalgia
Ptolomeo;
Friedrich también.
Estrujadora Alejandría,
severa Postdam;
es melancólico ser rey,
leyendo a Cátulo o a Voltaire.
Cercano a la orilla de Libia
o a la llanura central de Europa,
el auletés,
pensando en legionarios o cosacos,
mariposa nostálgica, chupa la miel
de la triste flor de la flauta,
combándose bajo el klaft o el tricornio
la nostálgica cabeza colgada del más allá.
No importa estar borracho
y pellizcar la grupa de los días, o
disponer las compañías de plomo
sobre una mesa rococó.
Dura carga es ser rey,
basileus o könig,
capitán o sobornador
contendiendo con césar o kaiser
mediante fuego de oro o fuego de cañón.
Bañar en el río tibio de la música
el alma cansada de espiar,
es natural;
hila tristeza el rey así,
el auletés,
Lokhias o en Sanssouci,
larva llorosa, para encapsular,
que el dolor en seda es menos ruín.
Por eso siempre al atardecer,
tañe en Lokhias, en Sanssouci,
la misteriosa flauta real.
Bajo la luna pura y cruel,
entre la zozobra del vivir,
hila su lágrima el auletés.

Noa Pastoriza - 1º ESO A


Antón Otero - 1º ESO B

18/05/20

Caligramas Madrigal a Rosalía

     Xa temos algúns dos caligramas que o noso alumnado fixo baseándose en poemas de Ricardo Carbalho Calero. Hoxe presentamos algúns dos inspirados no poema Madrigal a Rosalía.

A ti, sombra perdida, esprito pervagante,
que entre néboas de alén andas errante.
A ti, clara voz morta, ollos feridos,
pazo esquecido, outono
lonjano, chúvia
aceda de lecer, sibila
chorosa; a ti, que tes
o corazón de lua traspasado,
nas mans tremor de maina bris que ri,
as fazulas aradas pola dor
-oh estadea de bágoas sen fine
na fronte un fantasma aluarado:
a ti,
de min,
aos pes,
afIor
dun siléncio ajoellado

Pedro Costas - 1º ESO A

Carla Souto - 1º ESO A

Antía Freire - 1º ESO A

Andrea Piñeiro - 3º ESO A

Alba Durán - 3º ESO B

17/05/20

Documental Ricardo Carbalho Calero

     Co gallo da homenaxe que toda Galiza lle rende a Ricardo Carbalho Calero o 17 de maio de 2020, Día das Letras Galegas, a biblioteca do IES Illa de Ons colaborou na edición do seguinte documental sobre a figura deste autor.
     Neste proxecto, elaborado baixo a dirección do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e dos departamentos de Lingua Galega e Literatura, Lingua Portuguesa e Educación Plástica do centro, unha parte do noso alumnado de 1º ESO e os profesores da materia de Lingua Galega e Literatura, puxeron voz a algúns textos adaptados do libro Ricardo Carvalho Calero. Unha vida pola Galiza e o galego, de Paulo Fernández Mirás.
     Agardamos que vos guste!
 

15/05/20

Negra sombra

     Hoxe é Pablo Villegas (2º ESO B) quen contribúe con Negra Sombra, de Rosalía de Castro, na proposta poética da biblioteca para esta tempada de confinamento. Negra Sombra, poema contido no libro Follas novas (1880), foi musicado por Xoán Montés Capón no ano 1892 e versionado posteriormente por varios artistas.


Cando penso que te fuches, 
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida
no mesmo sol te me amostras
i eres a estrela que brila
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras
i es o marmurio do río
i es a noite, i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
 _
     Moitas grazas, Pablo!

14/05/20

O Mar português de Pessoa

Pablo Loira (2º ESO A) colabora novamente na iniciativa Poesía no teu sofá con Mar português, un poema de Fernando Pessoa publicado en 1934 no libro Mensagem.
Moitas grazas, Pablo!



 Ilustración de Ana Pownall

MAR PORTUGUÊS
Ó mar salgado, quanto do teu sal
São lágrimas de Portugal!
Por te cruzarmos, quantas mães choraram,
Quantos filhos em vão rezaram!
Quantas noivas ficaram por casar
Para que fosses nosso, ó mar!
Valeu a pena? Tudo vale a pena
Se a alma não é pequena.
Quem quer passar além do Bojador
Tem que passar além da dor.
Deus ao mar o perigo e o abismo deu,
Mas nele é que espelhou o céu.

12/05/20

A Rosalía e Madrigal á cibdá de Santiago

     Xa teñen que estar contentos os sofás do noso alumnado con tanto verso recitado. Hoxe publicamos as grabacións de dous alumnos de 2º ESO A, Telmo Villanueva Carballo que recita A Rosalía, de Manuel Curros Enríquez e Pablo Loira Hermida lendo Madrigal á cibdá de Santiago, de Federico García Lorca.
     Moitas grazas aos dous!
A Rosalía 




Madrigal á cibdá de Santiago


11/05/20

Ricardo Carbalho Calero

     Achégase a data de celebración das Letras Galegas e xa sabedes que este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carbalho Calero, referente da historia do idioma galego: como investigador, como autor literario e como docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de uso. É o responsable da primeira gramática do galego elaborada cunha base científica sólida e da primeira historia da literatura galega contemporánea, ademais de ser o primeiro profesor en ocupar a cátedra universitaria de Lingüística e Literatura galegas. Un auténtico pioneiro e un incansable defensor (e tamén construtor) da nosa identidade como comunidade, como pobo, como país.
 
     A REAL ACADEMIA GALEGA e o PORTAL GALEGO DA LINGUA contan cunha grande cantidade de material e actividades sobre o autor, dirixido a rapaces e rapazas de todas as idades.
     
     Desde a biblioteca propoñemos ao alumnado do IES Illa de Ons unha actividade poética e visual baseada nalgunha das súas obras.
     Seguramente teredes escoitado falar dos caligramas e probablemente fixestes algún nalgunha ocasión. Un caligrama é unha representación gráfica a partir dun escrito. Xeralmente os textos nos que se basea son poéticos e neles as palabras dispóñense sobre o papel coa intención de representar graficamente o seu contido, por iso son coñecidos como poesías visuais. 
     Ao longo da historia atopamos numerosos exemplos de representacións que xogan co texto e coa imaxe, pero é no século XIX, coas vangardas europeas, cando o caligrama convértese nun xénero específico da literatura. Co poeta vangardista francés Guillaume Apollinaire, póñense de moda nas primeiras décadas do século XX. 



Anímaste a facer un? Segue os seguintes pasos para elaboralo:
  • Primeiramente seleccionaremos un poema do autor (non ten que ser necesariamente o poema enteiro, podes escoller un fragmento ou estrofa). → POEMAS
  • Faremos un debuxo sinxelo con lapis sobre o papel, que represente a idea que nos suxira o poema.
  • A continuación escribiremos o poema seguindo o contorno do debuxo ou encheremos a área limitada polas liñas, de maneira que os versos non excedan o contorno fixado polo debuxo. Cando teñamos o texto definitivo repasarémolo cun rotulador fino.
  • Por último borraremos os trazos de lapis para deixar só visibles as palabras e os versos que conforman o caligrama.
  • Tamén poderemos recortar palabras de revistas, xornais, folletos... para reciclar e crear o poema visual con diferentes fontes e tamaños.

05/05/20

Pido talvez o que nom podes dar-me

      Unha nova achega de Poesía no teu sofá recorda a Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. Manuel Gámez de 2º B recita o precioso poema Pido talvez o que nom podes dar-me. Moitas grazas Manuel!


Pido talvez o que nom podes dar-me.
O que talvez ninguém
pode dar-me. Isso pido.

Mas se tenho necessidade
desse alimento, pouco consolo é
para a minha fame que tal grao
nom se dê nas estepas desta terra.

Pede-lhe a quem me pujo neste mundo
o pam que deveu pôr-me baixo o braço
cando nacim.

Umha liçom de geografia económica
nom é farinha para o coraçom.


No seguinte audio podedes escoitar á cantante Ugia Pedreira interpetando este mesmo poema.




23/04/20

Día do Libro

     Pois aquí pillounos o Día do Libro, nas nosas casiñas, e que mellor maneira de celebralo que lendo? Ti que libros nos recomendas? Cal estás a ler agora? Cal foi o que che marcou na túa infancia? Cal quererías ler e aínda non o fixeches? Ah! que non sabes que libro ler??? pois que che receiten un libro! Terecetounlibro.org é unha iniciativa da Escola de Escritores pola que distintos autores receitan libros en consultas online para soportar a corentena. Hoxe, para conmemorar o Día do Libro, os/as escritores/as multiplicarán as súas consultas atendendo entre as 10:00 e as 22:00 este consultorio, que contará con numerosos librólogos de garda.

Que queres ler e todos os libros da casa xa os devoraches? Durante esta crise do coronavirus moitas editoriais liberaron os seus títulos coa iniciativa #KeepReadingEnCasa, ou #YoMeQuedoEnCasaLeyendo que se puxo en marcha a primeira semana de corentena (con estes hastags atoparedes numerosas actividades online para este Día do Libro).

     Pouco antes do confinamento, a biblioteca adquiriu algúns libros que están a ser catalogados. Cando retomemos a actividade presencial poderedes gozar deles.


    Moito ánimo, que xa queda menos!

13/04/20

Día Mundial do Bico

     O 13 de abril conmemórase o Día Mundial do Bico, un acto que estreita vínculos entre as persoas e co que demostramos amor e benquerer. Os bicos románticos, os bicos na fazula, os bicos de nais e pais a fillos, ou os bicos virtuais... que son os que tocan nestes días.
    Aí van algúns títulos para compartir en familia cos máis pequechos.

01/04/20

A Ruy Xordo e Horizonte

     A iniciativa Poesía no teu sofá comparte hoxe as achegas de Xoán Rodríguez, un dos nosos profesores de galego e portugués, que pon voz a dous poemas A Ruy Xordo e Horizonte, de Lorenzo Varela e Fernando Pessoa respectivamente.

A Ruy Xordo

Aramos sobre os mortos nesta terra
i o noso pan ten un sabor de hosos
familiares, irmáns. O monte berra
baixo do arado, e chámannos os nosos
desde a morte con voces conocidas:
«Nin marqueses, nin cregos, nin doutores
fixeron as ribeiras verdecidas,
nin o guerreiro coiro dos tambores.
Os condados do polvo son dos mortos
e quen queira ser dono desta terra
que veña navegando aos nosos portos.
Os que pidan o fruto sin labores,
si non morren de seu, morran de guerra,
e desta terra, así, serán señores».

Horizonte

 

 

Moitas grazas, Xoán!

24/03/20

Romance incompleto e A árbore

     Hoxe contamos coas achegas de Toño Omil, profesor do IES Illa de Ons, e Emma Freire, alumna de 1º ESO C. Toño recita Romance incompleto, poema de Celso Emilio Ferreiro incluído en Longa noite de pedra, e Emma recréanos coa lectura dunha poesía escrita por ela mesma, A árbore.




Moitas grazas!

23/03/20

Da terra asoballada e O soño sulagado

      Hoxe publicamos dúas composicións audiovisuais inspiradas en poemas de Ramón Cabanillas e Celso Emilio Ferreiro. Na primeira delas, Alba Porto, Paula Fernández, Antía Novas, Diana Ogando e Sara Soliño de 4º ESO A, declaman unha selección de poemas da obra de Cabanillas Da terra asoballada. A continuación podedes ver o traballo audiovisual de Pedro Costas, de 1º ESO A, baseado no poema Eu en ti, de Celso Emilio Ferreiro.



Moitas grazas!

22/03/20

Continuamos a compartir poesía

     A comunidade educativa do IES Illa de Ons continúa a colaborar coa iniciativa Poesía no teu sofá; nesta ocasión son dous alumnos de 1º ESO, Manuel Juncal e Gael Calviño, os que queren compartir con vós as súas lecturas de poemas. Moitas grazas aos dous!

Manuel Juncal Pastoriza


O escudo, Manuel María. Gael Calviño Comedeiro.

21/03/20

Máis Poesía no teu sofá

     Hoxe, Día Mundial da Poesía, profesores e profesoras do noso centro poñen voz a poemas de Lugrís Freire, Pessoa, Celso Emilio Ferreiro, Baldo Ramos, Jaime Barreiro e Chus Pato.

Anxo Rajó recita Amor de Manuel Lugrís Freire e D. Diniz de Fernando Pessoa.


Diana Vilas recita Eu en ti de Celso Emilio Ferreiro e
Ás veces fáltannos as palabras de Baldo Ramos.


Poema de Jaime Barreiro recitado por Esther Lorenzo


 Antón Guitián recita un poema da obra Urania, de Chus Pato.


Lembrámosvos que durante estes días de corentena toda a comunidade educativa pode seguir enviando os seus audios e vídeos recitando poesía en galego.

Moitas grazas polas vosas achegas e feliz día!

18/03/20

Unha serea poeta

Xa temos a primeira achega á iniciativa Poesía no teu sofá, en galego
Violeta Gago Rosales recita Unha serea poeta, poema incluído no libro Poemar o mar de Antonio García Teijeiro.


Moitas grazas, Violeta!


POESÍA NO TEU SOFÁ, en galego

       Achégase o Día da Poesía e nós con estes pelos! A situación que estamos a vivir colleunos por sorpresa e aquí ficamos, nas nosas casiñas, gastando máis sofá da conta... Desde a biblioteca propoñemos achegarlle un pouco de arte a este tempo de apoltrone que provoque algo máis que o luír extra dos mobles da casa.
       Nos últimos días están a xurdir nas redes múltiples recomendacións para levar algo mellor o tempo de illamento: bibliotecas dixitais, novo cinema galego, museos virtuais, teatroteca, documentais, concertos en directo, cultura en 360º, salón do libro virtual... Entre todas elas hai unha iniciativa para combater a corentena a ritmo de verso: #PoesíaEnTuSofá. Este festival, que terá lugar os próximos días 20, 21 e 22 de marzo, propón a un grupo de artistas de distintas disciplinas o recitado de poemas desde cada un dos seus perfís de Instagram.

     Na biblioteca ímonos apropiar da súa idea para facer a nosa versión particular:
POESÍA NO TEU SOFÁ en galego
Versión en galego da imaxe orixinal 
 
     Animamos a toda a Comunidade Educativa do IES Illa de Ons a participar nesta proposta que consiste en recitar poemas en galego (propios ou alleos) e gravalos para compartilos a través do blog da biblioteca. Podedes enviar os vosos vídeos ou audios, durante os días que dure esta reclusión inevitable, á conta de correo da biblioteca: biblioteca@iesillaons.com. Unha vez revisados publicarémolos de maneira gradual.

     Aquí tedes unha axuda → Listaxe de obras de poesía en galego

     Moitas grazas por participar!

09/03/20

Concurso de cartas

     Como xa todos e todas saberedes, a primavera o sangue altera e consecuentemente os nosos corazóns e espíritos románticos, poéticos e creativos funcionan dun xeito peculiar, un pouco acelerados e, nalgúns casos, a fume de carozo. Aproveitando esta circunstancia e a proximidade desta estación do ano e do Día da Poesía, a biblioteca convoca, en colaboración con ANPA, un concurso de cartas de amor, amizade, admiración, desamor... dirixido a todo o alumnado do IES Illa de Ons.


07/03/20

8M PÉSCALO?

 
     O fío condutor desta proposta é a idea de rede nos seus múltiples significados, como instrumento propio da Galiza mariñeira e como idea de unión, conexión, ramificación, tecido... A rede é tamén un elemento moi presente nas obras dunha artista galega, Maruja Mallo, que usamos como referente e inspiración para as (re)creacións fotográficas e o collage co que construímos este cartel.

  
    Os nosos corpos e as nosas caras forman parte deste collage para sinalar que nós, o alumnado do IES Illa de Ons, non somos debuxos nin figuras de ficción, somos persoas de carne e óso, de sexo e xénero diverso, que xuntos/as sostemos a rede coa que queremos pescar ideas que axuden a construír unha sociedade máis igualitaria. A nosa pesca componse de respecto, feminismo, forza, unión, das ideas de que somos diferentes pero queremos ser iguais en dereitos.... Péscalo?
     O lema que acompaña á imaxe invítanos a participar nesa pesca, máis convídanos, tamén, a reflexionar sobre a propia mensaxe do cartel interrogándonos sobre se entendemos a idea que este transmite, e para que todos/as poidan pescalo, unha das figuras do noso cartel reproduce en lingua de signos a mensaxe de que “podemos logralo”, formada polas palabras “muller” e “forza”, que puidemos representar grazas ao consello dunha profesional pertencente a DonSigno.
Este traballo foi realizado polas profesoras e o alumnado da materia de Igualdade, coa colaboración da Biblioteca do IES Illa de Ons. O cartel presentarase mañá no noso centro, durante un acto organizado na hora do recreo.

01/03/20

Miserábeis no Salón do Libro

    Un ano máis o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas. Nesta 21ª edición, unha actividade proposta polo noso centro formará parte da programación do Salón, que foi presentada o pasado xoves pola concelleira de Cultura Carmen Fouces. Será co musical Miserábeis, a adaptación da obra de Víctor Hugo estreada en Cangas e Bueu o pasado mes de xuño, co que novamente alumnado, profesorado e persoal non docente do IES Illa de Ons subirá ao escenario a emocionar ao público. Se aínda non sabes de que vai o tema, aquí tes un anticipo do que poderás ver o venres 13 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra.


28/02/20

Premios caretas e cabezudos

     Aínda que a celebración do Entroido no noso centro tivo lugar o pasado venres, hoxe fixemos entrega dos premios do concurso de caretas e cabezudos. Este ano, coma case todos, o xurado tivo complicada a elección debido ao alto nivel dos traballos presentados. Desde o centro queremos agradecer ao alummado e ás familias a súa implicación nesta actividade.


No seguinte vídeo podedes ver un resumo da festa que montamos o pasado venres.


19/02/20

Entroido no IES Illa de Ons

     O vindeiro venres 21 de febreiro celebraremos no IES Illa de Ons a festa do Entroido. Ademais dun concurso de disfraces e actuacións variadas convocáronse os xa tradicionais concursos de gastronomía e o de caretas e cabezudos. Distintos xurados formados por profesorado, alumnado e persoal non docente outorgará diferentes premios en cada un destes concursos. 
     Abaixo tedes as bases que elaboraron os alumnos e alumnas de 4º ESO para poder participar nos de disfraces e de actuacións. Aínda non te anotaches? Pois veña, que ata o venres estás a tempo!!! 

07/02/20

Gañadoras e gañadores dos concursos da ANPA

    Hoxe celebrouse no noso centro a entrega de premios aos gañadores e gañadoras do III Certame de Fotografía "Obxectivo Bueu" e do Concurso de Deseño de Logotipos “Deseña a túa ANPA”. Nesta ocasión foi Iván Novas, representante da ANPA, o encargado de facer entrega ao noso alumnado dos distintos agasallos
   

    Pedro Costas, Sara Soliño, Gael Calviño e Ana Rosales, autores e autoras das mellores imaxes, recibiron un diploma e unha ampliación en soporte ríxido das súas fotografías. Ademais, todo o alumnado participante foi obsequiado cun VALE para realizar un Curso de Iniciación á Fotografía, que será impartido no noso centro por unha fotógrafa profesional.


     En canto ao Concurso de Deseño de Logotipos, o alumno gañador foi Gael Calviño Comedeiro de 1º ESO, que fixo un deseño lineal xogando coas formas das letras e as illas Ons e Onza. O premio recibido foi un VALE por un reloxo da marca Mark Maddox, da xoiería Artegalia de Bueu.

     
     Noraboa a todos e todas e moitas grazas por participar.

04/02/20

Entrega de premios certames ANPA


   A pasada semana, o xurado do III Certame de Fotografía Obxectivo Bueu e do Concurso de Deseño de Logotipos Deseña a túa ANPA, formado por membros da Biblioteca, do Equipo de Dinamización da Lingua e da ANPA, decidiu os gañadores e gañadoras destas dúas propostas creativas. 
  

    A entrega de premios terá lugar o venres día 7 de febreiro ás 11:30 horas na entrada do noso centro. O/A autor/a do logotipo gañador será premiadocun reloxo Mark Maddox, da xoiería Artegalia de Bueu, establecemento adherido á ANPA. Os autores e autoras das mellores fotografías recibirán un diploma pola súa participación e serán premiados cunha ampliación das imaxes seleccionadas e cunha sorpresa que revelaremos ese mesmo día.

31/01/20

21 Días no IES Illa de Ons

     Como xa sabedes, o noso centro está a participar no proxecto 21 Días co Galego e +, un programa co que se pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego así como a reflexión persoal sobre a relación que cada persoa ten co galego e co resto das linguas que coñece.
     No blog de 21 días puidemos atopar, durante estas semanas, propostas diversas para achegarnos ao galego e á súa cultura. A maioría dos contidos foron realizados polo alumnado e o profesorado de cada un dos dez centros de ensino participantes.
   Hoxe foron publicados no blog os contidos enviados desde o noso centro. Preme na imaxe para poder acceder a eles.

21 Días no IES Illa de Ons

24/01/20

CONCURSOS LITERARIOS


PREMIO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EGAP

     A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), entre os actos que organizará para honrar as letras galegas, e especialmente este ano a Ricardo Carballo Calero, convoca, un ano máis, un premio de literatura infantil e xuvenil.
  • Poderán optar aos premios os nenos e nenas galegos con idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos. 
  • Os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes. 
  • Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12, e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.
  • Poderán presentarse contos premiados con anterioridade por todo tipo de organismos públicos ou privados, excepto no caso de contos que xa fosen premiados pola propia EGAP.
  • O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia (21 de xaneiro de 2020).
     Podes consultar as bases completas na seguinte ligazón: PREMIOS EGAP


CONCURSO DE MICRORRELATOS AMTEGA

     A Axencia de Modernización Tecnolóxica (Amtega) pon en marcha o Concurso de microrrelatos "Viaxe ao 2030" no marco do proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.
  • O obxectivo do concurso é facer partícipes aos máis novos neste proceso e coñecer como imaxinan que a transformación dixital cambiará a sociedade galega nos próximos 10 anos a través dun microrrelato.
  • Poderá participar o alumnado de 1º a 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou 1º e 2º de Bacharelato de centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha idade comprendida entre os 11 e os 18 anos (ambas as dúas incluídas).
  • O período de inscrición estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2020. O persoal docente será o responsable de inscribir aos seus alumnos e alumnas interesados/as en participar.
  • O prazo para enviar o material do alumnado previamente inscrito estará aberto ata o día 7 de febreiro de 2020.
     Para máis información consultar a WEB.

23/01/20

XINCANA LINGÜÍSTICA 21 DÍAS CO GALEGO E +


     Despois da xornada inaugural do pasado luns, continuamos no noso centro coas actividades incluídas dentro do proxecto 21 Días Co Galego e +
     
     Nesta ocasión realizaremos varias xincanas lingüísticas, a primeira delas mañá venres durante a hora do recreo. Poderán participar todos os alumnos e alumnas do IES Illa de Ons que, por parellas, o soliciten na Conserxería do centro. A xincana dará comezo cando un dos profesores encargados do concurso reparta a ficha de control coas pistas para conseguir as diversas palabras e, consecuentemente, as letras da palabra que deberemos formar para lograr o premio final.
     
     As pistas terán un contido lingüístico en galego, aínda que poderán integrarse tamén problemas matemáticos, contidos de ciencias sociais e historia, ou mesmo contidos literarios e/ou musicais.

     As parellas gañadoras obterán un premio relacionado coa campaña 21 Días co Galego e +.
     Boa sorte e a participar!!!


14/01/20

Ampliación dos prazos de entrega dos concursos da ANPA.

Amplíanse, ata o 22 de xaneiro, os prazos de entrega das fotografías e dos deseños de logotipos dos concursos convocados pola ANPA no mes de decembro.



11/12/19

Proposta de concursos en colaboración coa ANPA

     Un ano máis a Biblioteca do noso centro, en colaboración coa ANPA, promoverá varios concursos dirixidos ao alumnado do IES Illa de Ons.

     Aproveitando que en breve chegan as vacacións e teremos moito tempo libre para pasear, pensar,  idear e crear, propoñémosvos a participación nos dous primeiros concursos, un de fotografía (dirixido a todo o alumnado do IES Illa de Ons) e outro de deseño de logotipos (dirixido ao alumnado socio da ANPA).

     A continuación podedes ver os carteis promocionais e consultar as bases dos dous concursos.

       Animádevos a participar!




25/11/19

Guías de lectura e música

       Un ano máis a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo elaborou unhas guías con recomendacións de lectura e música en galego. Esta semana repartimos entre o noso alumnado as guías específicas para secundaria, pero se ademais queredes ideas para agasallar aos máis pequenos neste nadal aí van tamén as guías de primaria e infantil.

Ilustración da portada: Esteban de Tarabelos 

22/11/19

#NonViolenciaDeXénero

     Co motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o IES Illa de Ons organizou unha campaña de concienciación mediante a difusión dunha serie de carteis por distintos establecementos de Bueu e a montaxe dunha exposición na sala Amalia Domínguez Búa, en colaboración co CIM e o Concello de Bueu. A exposición permanecerá aberta ata o día 2 de decembro de 16:30 h a 20:30 h de luns a venres e os sábados e domingos abrirá tamén en horario de mañá, de 11:30 h a 13:30 h.


  Tomando como referencia a campaña de prevención do consumo de alcohol en menores #MenoresSinAlcohol que levou a cabo o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social no ano 2017, o alumnado do IES Illa de Ons creou diferentes mensaxes que inciden na reflexión contra as distintas formas de violencia machista presentes na nosa sociedade.

     Alumnos e alumnas de 1º e 4º da ESO participaron na construción das distintas mensaxes a partir dun debate guiado polas profesoras da materia de Igualdade de Xénero, arredor dos estereotipos e tipos de violencias detectados en diversos eidos da súa vida cotiá. No novo espazo audiovisual da biblioteca crearon, coa orientación da profesora de Educación Plástica e Visual, as escenas e retratos empregados para os carteis, usando como modelos aos seus propios compañeiros e compañeiras, así como a alumnado doutros cursos e profesores e profesoras do centro educativo.

     Este proxecto pretende cuestionar, á súa vez, o uso da violencia contra as mulleres na industria da publicidade a través da recreación de diferentes anuncios de marcas comerciais que tentan dulcificar ou recubrir de contido sexual(izado) imaxes que amosan violencia de xénero. Con lemas como #PublicidadeSexista ou #PublicidadeSenViolencia, o alumnado recreou diferentes posados e montaxes da publicidade actual, para cuestionar o erotismo ou sensualidade con que se revisten as escenas de ameaza e de agresión.

    O obxectivo do proxecto é enviar mensaxes de identificación, rexeitamento e prevención das distintas formas que adopta a violencia machista, sobre todo, nos espazos e formas de socialización da mocidade.