Foto biblioteca

Foto biblioteca

21/03/21

A guerra esperada no Día dos Bosques

     O noso Club de Lectura Ons, a illa do tesouro, estivo centrado estas semanas na lectura de Moita xente pequena, de Gustavo Duch; en concreto no relato A guerra esperada.

     Os alumnos e alumnas leron o conto e, sen entregarlles o final, tiveron que imaxinar de que tipo de bombas falaba a historia e posibles finais para esta. Despois de aportar todos e todas a súa versión, lemos o final e comentámolo. Acordamos que cada membro do club plantaría unha semente na súa casa e, cando esta xerminase, traeriámola para plantala no horto que comezamos a recuperar no noso centro. Esta semana, para conmemorar o 21 de marzo Día dos Bosques e Día da Poesía, plantaremos a nosa semente e identificaremos os nosos exemplares con pequenos carteis cos nosos nomes.

A guerra esperada. Ilustracións de Sara Plaza e voz de Vicky Peña 
Pol · len edicións

07/03/21

Exposición 8M - Mulleres da Idade Media

       Como xa comentamos en entradas anteriores, este trimestre o alumnado de 1º ESO e 2º ESO estivo a traballar arredor de vida e a obra de sete mulleres que tiveron grande relevancia na Idade Media. O alumnado de 2º ESO B e 2º ESO C, tras participar nun obradoiro de podcast, encargouse de guionizar,  gravar e editar unha serie de audios centrados nestas sete figuras femininas. O alumnado de 2º ESO A procurou información sobre as súas historias e maquetouna nunha serie de trípticos onde, ademais, incluíron códigos QR cos podcast dos seus compañeiros e compañeiras e unha imaxe das cabezas das mulleres en volume, elaboradas polo alumnado de 1º ESO.

      O Equipo de Igualdade do centro organizou unha exposición con todo este material co fin de que os membros da comunidade educativa poidan visualizar e escoitar este completo traballo realizado arredor de Wallada bint al-Mustakfi, Ende, Teodora de Bizancio, Hildegarda de Bingen, Leonor de Aquitania, Irene de Atenas e Trota de Salerno. Ademais repartiranse chapas coas caras de cada unha delas e, tras a visita á exposición, establecerase un debate co alumnado sobre a importancia na historia destas sete mulleres.

     A continuación mostramos o deseño das chapas e os carteis elaborados para a exposición a partir dos trípticos. Podedes escoitar os podcast descargando a aplicación Ivoox e escaneando os códigos QR que atoparedes en cada un dos carteis.








05/03/21

04/03/21

Proxecto #SonMonte

     Desde a Biblioteca queremos compartir convosco #SonMonte. O monte na memoria colectiva e #SonMonte. E ti que pintas no monte?, dúas creacións audiovisuais realizadas no noso centro co alumnado de 1º ESO, que resumen un fermoso proxecto interdisciplinar, artellado a partir da valorización do monte como patrimonio cultural.

Para levalo a cabo, os departamentos de Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía e Educación Plástica Visual e Audiovisual, coa colaboración do equipo da Biblioteca, Dinamización Lingüística, a dirección e demais profesorado do centro, planificaron diferentes bloques de actividades que foron desenvolvidos ao longo dos dous primeiros trimestres do curso: #CantaroMonte, baseouse na procura e interpretación de cantigas populares galegas, #TocaroMonte centrouse na exploración e creación de sons da natureza, #PensaroMonte botou man de rutinas de pensamento coas que o alumnado creou lemas de concienciación social, #CoñeceroMonte focalizou as súas actividades na elaboración dun caderno de campo e en diferentes charlas científicas, #FotografaroMonte e #DebuxaroMonte procuraron o rexistro visual e a interpretación artística das formas e cores atopadas nos distintos roteiros realizados pola contorna.

Con todo o material traballado elaboráronse as dúas creacións audiovisuais, #SonMonte. O monte na memoria colectiva, que deixa patente, fundamentalmente, o traballo feito coas fontes orais e a creación de sons da natureza e #SonMonte. E ti, que pintas no monte?, unha animación a modo de cadáver exquisito, na que se reflicte o traballo feito polo alumnado nos cadernos de campo.

     Agardamos que vos gusten!

        

Para a realización deste proxecto, os departamentos implicados contaron coa colaboración de moita xente que aportou información, letras de cantigas, gravacións... A Martiño Malleiro, Teresa Domínguez Domínguez, Felicitas San León Martín, Jesús Rodríguez Rodríguez, Francisco Abollado Fernández, Ana Justo e a todos os familiares do noso alumnado, queremos agradecer a súa xenerosidade polas achegas que fixeron posible este traballo.

03/03/21

Premios mulleres da Idade Media

      Hoxe fixemos entrega dos premios aos autores e autoras das cabezudas da Idade Media. A verdade é que foi unha decisión difícil, dado o nivel xeral das elaboracións, e desde o centro queremos felicitar ao alumnado de 1º ESO e ás súas familias por implicarse tanto neste proxecto. Ademais dos agasaios entregados hoxe, os traballos galardoados cos primeiros premios formarán parte dunha exposición programada para o 8 de marzo.


13/02/21

Cabezudas da Idade Media

      Este ano o noso instituto está a participar nun proxecto de Igualdade propoñendo diferentes actividades desde o comezo de curso. Neste trimestre, nos grupos de 1º e 2º, centrámonos no estudo de diferentes figuras femininas que tiveron relevancia na Idade Media.

     Con todo o material traballado elaboraremos unha exposición da que, polo momento, presentamos a algunhas destas extraordinarias mulleres elaboradas con volumes de papel maché polo a alumnado de 1º ESO. Noraboa ao alumnado e ás familias polo traballazo. Que teñades un bo entroido!


08/02/21

Non pare a festa


Achégase o entroido e este ano vai ser un chisco diferente, pero non debemos deixar de celebralo e, para levantar o ánimo e alentar aos nosos espíritus carnavalescos, recomendámosvos escoitar Non pare a festa, unha canción do grupo ‘Os Amigos dos Músicos’. A canción acompaña ao libro infantil do mesmo título e editato por Xerais, que presenta un fermoso percorrido polos diferentes personaxes do entroido galego con letra de Ramón Veiga e ilustracións de David Sierra, no que o ‘boteiro’, a ‘madama’ e o ‘chocalleiro’ xúntanse co ‘boi’, a ‘gárgola’ e a ‘marela’ para festexar o final do inverno e o comezo da primavera.

29/01/21

Premio da Asociación Socio-Pedagóxica Galega



     Un novo premio para o marabilloso traballo de podcast realizado durante o pasado confinamento polo alumnado de 4º ESO do noso centro. Nesta ocasión foi a Asociación Socio-Pedagóxica Galega quen otorgou un merecido premio á nosa exalumna Antía Novas Arribas polo seu podcast A Guerra das Galaxias, unha película de Ronald Reagan. A finalidade do concurso Algo que contar? Algo que cantar? baseábase no fomento do uso oral do galego en todos os contextos, neste caso utilizando novos medios de comunicación como canles de divulgación de contidos relativos a calquera tipo de coñecemento.
     Parabéns Antía!
    

En plena Guerra Fría, o mundo está atemorizado ante unha posible guerra nuclear entre EUA e a URSS. Ronald Reagan, presidente dos EUA, ten a solución á ameaza soviética, pero a idea non vai ser sinxela de levar a cabo.

27/01/21

Conexión virtual co CEIP Plurilingüe Montemogos

     O 30 de xaneiro de 1948, o líder pacifista Mahatma Gandhi foi asasinado por defender e promover a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza. Por esta razón, cada ano nesta data conmemoramos nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz, de solidariedade e tolerancia, de respecto aos Dereitos Humanos. 
     Hai dúas semanas tivemos a sorte de recibir unha invitación da biblioteca do CEIP Plurilingüe Montemogos para participar nunha conexión virtual entre os dous centros. O obxectivo era facer unha actividade arredor da lectura do libro Imagine, baseado na canción de John Lennon, que está considerada un expoñente da paz mundial. Hoxe tivo lugar a conexión virtual entre os centros, na que o alumnado de 6º de primaria fixo a lectura do libro en inglés e a súa tradución ao galego, mentres os nosos alumnos e alumnas de 1º ESO actuaron como espectadores desde as súas aulas e aceptaron a proposta de facer o papel protagonista doutra actividade nunha próxima conexión. Nos seguintes vídeos podedes ver a gravación da lectura dos textos e unhas imaxes tomadas hoxe durante a conexión.



Vémonos na seguinte conexión!

23/01/21

Xuntanza do club de lectura

      Despois da primeira toma de contacto dos membros do club de lectura de 1º e 2º ESO o día 14 de xaneiro, o pasado xoves tivemos outra xuntanza na que dou comezo a primeira proposta do ano, centrada na reflexión sobre o papel das mulleres nos contos infantís. A coordinadora do club, a profesora de Lingua e Literatura Castelá Montse Villar, propuxo a cada un dos asistentes que pensasen nalgún conto clásico infantil e que explicasen o papel da muller neles. A continuación comezamos unha lectura compartida do conto "Helena y la varita-lápiz", escrita pola propia coordinadora do club, e fomos analizando distintos aspectos do texto.

 

 HELENA Y LA VARITA-LÁPIZ 

En un lugar muy lejano y desconocido para nosotros, donde siempre era primavera y los niños jugaban en la calle con una varita mágica cambiando el aspecto físico de las cosas, vivía una sonriente y guapísima niña que se llamaba Helena.

Ella también poseía su varita mágica, pero a diferencia de los demás niños la utilizaba, no para cambiar el aspecto físico de las cosas, sino para cambiar, podríamos decir, su historia. Me explico: Helena había descubierto que le gustaba inventar historias y, en un país en que no era costumbre escribir y contar leyendas, a ella le apetecía, no se sabe por qué extraña razón, escribir y escribir sin parar. Con la varita había encontrado miles de libros infantiles que todos conocemos y había podido llegar a ver cosas del futuro que en su país ignoraban y jugaba a mezclar tiempos y mundos diferentes. Su mayor sorpresa fue cuando descubrió un libro que contaba la Batalla de Troya y conoció el significado de su nombre y la capacidad de los hombres para inventar artilugios que pudieran cambiar el destino.

Y comenzó a escribir como habían escrito todos esos autores que ella leía. Para esto, en un país en que no había muchos lápices ni papel, porque nadie los necesitaba, ella había hecho que el palo de su propia varita se convirtiera en un lápiz afilado que nunca se gastaba y que una de las cortinas de su casa, cuando ella lo necesitaba, se transformara en una especie de cuaderno que se enrollaba y desenrollaba y sobre el que ella escribía.

A veces sus amigos no entendían por qué no salía con ellos continuamente a jugar, a convertir a los sapos en pájaros o a las flores en grandes árboles para que reconocieran la primera luz del sol. La verdad es que les resultaba extraño entender que Helena prefiriera quedarse en la sombra de su habitación, ¿qué podía hacer allí?

Pero Helena había encontrado su mejor entretenimiento en leer cuentos y cambiarlos a su antojo con todos los conocimientos del futuro que ella había aprendido. Así consiguió que la madrastra de Blanca Nieves recibiera un regalo endemoniado: un espejo con 10 aumentos que le mostró todas las mentiras que su “espejo, espejito mágico” le había contado. Sí, un día se asomó a ese extraño espejo y vio todas sus arrugas y el reflejo en sus ojos de todo el daño que había causado a su reino y a su familia y vivió martirizada para siempre. En esa misma historia, Blanca Nieves, que todos sabemos que vivía con los Siete Enanitos, había sumado a su equipo de pequeños seres a uno más, un robot llamado R2D2 cuyo tamaño no era mayor que el de sus amigos Enanos pero que permitía que Blanca Nieves estuviera en continua comunicación con su padre a través de unas imágenes (hologramas) que R2D2 proyectaba y que los dos (padre e hija) decidieran que el mejor sitio para crecer fuera esa cabaña con sus amiguitos. Allí Blanca Nieves, se dedicaba a estudiar leyes, humanidades, psicología, justicia social, historia… para ser, en el futuro, una Reina ecuánime, sin necesidad de pensar en que un Príncipe pudiera salvarla porque ella se había salvado solita. Tenía toda la información del mundo a su alcance, ya que entre el robot, los enanitos y ella habían construido un ordenador para acceder a ella. Ellos eran los que habían mandado el espejo a la malvada bruja y sabían que el Rey, después de que la bruja se hubiera mirado, estaba más tranquilo y conocía todo lo sucedido antes y después de que la bruja se empezara a marchitar. Además, Blanca Nieves había encontrado, durante tantas horas de investigación, a otros personajes de cuentos infantiles que, como ella, podían cambiar su vida: Cenicienta, Hansel y Gretel, Caperucita,… y entre todos, habían creado La Liga de Héroes de Cuentos Infantiles para cambiar sus historias y las de otros personajes de narraciones que no eran felices. Hansel y Gretel nunca llegaron a la casa de la bruja porque señalaron el camino con coordenadas GPS de un teléfono móvil que les construyó Blanca Nieves antes de que salieran de su casa. La bruja que pensaba comérselos se aburrió tanto de esperarlos que salió volando en su escoba y nunca más se supo de ella.

Cenicienta, después de estar varios años bajo las órdenes de su madrastra y hermanastras, coincidió en un mercado con Blanca Nieves y le pidió que le enseñara a leer y escribir. Blanca Nieves le envió un pequeño ordenador portátil con internet, así que todas las noches asistía a clases on-line y se convirtió en una excelente profesora. Un día salió de su casa de madrugada, dejando una carta de despedida a sus hermanastras y madrastra; se fue a un reino cercano y fundó una escuela pública para enseñar a todos los niños y niñas del reino. Fue una gran profesora que sacó de la ignorancia a muchas personas de varias generaciones y consiguió que su idea de tener escuelas se extendiera por varios reinos. El príncipe del reino se enamoró de ella, no sólo por su belleza sino por su sabiduría y se casaron, pero Cenicienta nunca dejó de dar clases en su escuela, además de ejercer de consejera del Rey, su marido.

En cuanto a Caperucita, el lobo vive en casa con ella y la cuida como un perro fiel. Sigue viviendo en la casita aislada de su familia, pero su abuela se murió de viejecita y ella se gana la vida en una pastelería en que el más famoso de los pasteles es la Tarta Lobo. Blanca Nieves cambió la historia amaestrándolo, con ayuda de los enanitos, para que no se comiera a la abuela y simplemente la protegiera de un cazador un poco borracho que merodeaba por los alrededores de la casa. El lobo consiguió asustarlo y el cazador se escapó ante sus aullidos. Así que Caperucita, pasó varios días de vacaciones con su abuela y lobo bueno, y consiguió aprender a hacer la tarta de fresa que su madre había hecho, pero con un ingrediente secreto que su abuela le enseñó y desde entonces la llamaron Tarta Lobo. Cuando terminó el colegio, decidió estudiar repostería y montó su propia empresa de pasteles, a la que va todos los días acompañada de su fiel amigo peludo.

Después de mucho tiempo, practicando y practicando sin parar, Helena decidió que por fin había escrito hermosas historias y que, ahora, podía competir con las maravillosas transformaciones de las varitas mágicas de sus amigos. Transformaciones que sólo duraban 5 minutos y que ella había conseguido que durasen para siempre si quedaban escritas.

Una tarde, después de ensayar cómo explicárselo a sus amigos, los reunió a todos y les prometió contarles su secreto y el porqué se había encerrado tanto tiempo en su habitación. Les leyó sus historias. Bueno, primero les leyó los cuentos tradicionales de los que ellos nunca habían oído hablar pero que no les interesaron mucho, porque con sus varitas podrían haberlos modificado a su antojo, es decir, Hansel y Gretel podían haber señalado el camino con elementos que no hubieran desaparecido o, simplemente, convertir a la bruja en un hada buena. Cenicienta, por ejemplo, podía haberse convertido en mariposa y haber salido volando de su casa. Blanca Nieves, podía haber convertido, con la varita, a la reina mala en estatua de sal y haber regresado a su castillo y Caperucita, podía haber convertido al lobo en un inofensivo gatito que no tuviera ganas de comer a la abuela.

Lo cierto es que la varita hacía que todos los cuentos resultaran un poco inimaginables, eran situaciones que para los niños carecían de veracidad. Así que Helena, les explicó que la varita le había permitido no sólo leer esos cuentos sino aprender de infinitas cosas del pasado, del presente y del futuro y les contó sus historias modificadas. Al principio no eran capaces de prestar la atención suficiente, porque no estaban acostumbrados a escuchar historias, pero ella, modulando la voz convenientemente, consiguió que, por fin, se callaran y la escucharan sin parpadear. Todos, cuando ella terminó, se quedaron extasiados y, mirando a sus varitas mágicas, sólo desearon una nueva transformación: poder seguir oyendo historias como esas y, si fuera posible, aprender a escribirlas.

A partir de ese momento, Helena, se reunía todas las tardes, debajo del árbol-osoamistoso (un árbol que tenía cara y brazos de oso amistoso y que siempre los protegía del frío) con sus amigos y, pidiéndole a sus varitas que se convirtieran en lápiz y papel, hacía que todos leyeran historias tradicionales, las reescribieran y las contaran. Pero ahora, al ser escritas, sabían que podrían ser leídas por muchas personas del futuro y que así nunca se terminarían, no sólo porque las iban a poder disfrutar leyendo, sino porque las iban a poder transformar hasta el infinito y más allá según les apeteciera o les pareciera mejor. Recuerdos, historias, vivencias,… todo cabía en las hojas inagotables que tenían y todo se convertía poco a poco en leyendas compartidas para siempre.

 

Montserrat Villar González

08/01/21

Xeróglifos

     Para comezar o ano propoñémosvos un reto, resolver os seguintes xeróglifos ideados polo alumnado de 2º ESO na materia de Lingua Galega e Literatura, coa profesora Amalia Graña. Xa sabedes que tanto para elaboralos como para resolvelos é necesario recorrer á creatividade e ao enxeño.
     Pois adiante co desafío!

1

2


3

4


5

6

7

8

9

10

11

Solucións

1. 

BALONMÁN, CALCULADORA, MIÑOCA
2. RETIRARSE, POLO CAMIÑO, SOLDADOR
3. PIRATA, MAREMOTO, DIARIO
4. CARA, CHOCOLATE, NEVEIRA
5. CANSO, UNHA APERTA, RAPOSO
6. DOENTE, OVELLA, ARMARIO
7. CADELA, DOADO, QUENTE
8. RECORDO, PARADA
9. SOLDADO, LENTELLAS, REMO
10. UN MONOPATÍN, CAMALEÓN
11. VACALOURA, NA LIBRARÍA, ACCIDENTE

21/12/20

Premio pola Educación en Valores

Un ano máis o alumnado do IES Illa de Ons recibe un dos Premios Provinciais á Xuventude da Deputación de Pontevedra na categoría de Educación en Valores. Nesta ocasión foron os alumnos e alumnas de 4º ESO do curso 2019/2020, coordinados por Diana (profesora de Xeografía e Historia) e Kike (profesor de Tecnoloxía e TIC), os que co Proxecto Podcast. Unha historia digna de contar, acadaron un merecidísimo recoñecemento polas estupendas recreacións históricas elaboradas durante o pasado confinamento.


Recomendámosvos estas amenas leccións de historia que verdadeiramente son dignas de escoitar. Podedes acceder ao Programa na plataforma de Ivoox onde están todos os podcast publicados. Tamén a Asociación Socio-pedagóxica Galega publicou recentemente unha selección deles:


A Guerra das Galaxias, unha película de Ronald Reagan de Antía Novas Arribas

En plena Guerra Fría, o mundo estaba atemorizado ante unha posible guerra nuclear entre EUA e a URSS. Ronald Reagan, presidente dos EUA, ten a solución á ameaza soviética, pero a idea non vai ser sinxela de levar a cabo.

 

Diario dunha guerra de Sara Soliño Iglesias

O señor Zuo cóntanos, desde a súa percepción e vivencias, a época da Revolución Comunista China, tamén chamada Revolución de Mao Zedong.

 

Mal inherente ou indiferenza de Paula Fernández Cruz

Unha reporteira de orixe xudía acode ao xuízo do ano. Un dos maiores asasinos nazis do século XX ten que pagar polos seus actos. Tras presenciar na súa propia pel os terribles actos levados a cabo na Segunda Guerra Mundial e ver en persoa a un dos principais causantes de tanto sufrimento lévase unha inquedante sorpresa


Berlín 1961: Sentimentos separados de Marta Veleda Pérez

Marta, unha xornalista do Washington Times terase que enfrontar durante a época da Guerra Fría a noticias tan duras como a crise dos mísiles ou os sentimentos que provoca o muro de Berlín.

Entrega de premios e IV Certame de Fotografía "Obxectivo Bueu"

     Hoxe tivo lugar na biblioteca do centro a entrega dunha serie de premios que quedaran pendentes do curso pasado por mor da pandemia. Como en xuño non se puido desenvolver o curso de fotografía que nos últimos anos estaban a recibir os participantes no Certame de Fotografía "Obxectivo Bueu", a coordinadora da biblioteca, en representación da propia biblioteca e da ANPA, entregou ao alumnado un agasaio: un trípode de pequeno formato para móbiles.

    Ademais, presentouse o Certame de Fotografía deste curso académico, que nesta ocasión centra a súa temática no coidado aos maiores. O alumnado do IES Illa de Ons interesado en participar neste certame poderá entregar seis fotografías antes do 30 de xaneiro do 2021 no enderezo de correo electrónico indicado nas bases que presentamos a continuación. 




11/12/20

Lecturas e música recomendadas

   A Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo elaborou as seguintes guías de lectura e música en galego, recomendadas para agasaiar nestas vacacións. A vindeira semana recibiremos os trípticos impresos de secundaria para distribuír entre o noso alumnado. 


04/12/20

Agasaio de BE

     Hoxe chegounos de Bibliotecas Escolares unha caixa cunhas fermosas libretas e marcadores de páxinas que iremos agasaiando ás voluntarias da biblioteca e aos nosos usuarios e usuarias.  O deseño é de Bea Lema, a ilustradora dos carteis para as bibliotecas escolares de Galicia deste curso que, co lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLARofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.


     Moitísimas grazas por este agasaio!

30/11/20

Novidades na biblioteca

 Boas a todos e todas!

     Estes dous últimos meses a biblioteca ampliou os seus fondos con moitas novidades en material de ficción e información, tanto en galego como en castelán, e especialmente en materia de igualdade e inclusión. Achégate ao noso espazo e solicita á responsable todo aquilo que sexa do teu interese. 

     Velaquí unha mostra dalgúns exemplares de recente adquisición.



27/11/20

Obradoiro de escritura expresiva

    Os días 24 e 26 de novembro tivemos a oportunidade de gozar cun obradoiro de escritura expresiva impartido por Marisé Barreiro nos grupos de 3º e 4º de ESO. 
 

    A finalidade da actividade era saber que a escritura ten outras aplicacións distintas á puramente académica e pode empregarse como medio de comunicación con nós mesmos, para coñecernos mellor.  Durante o obradoiro puidemos practicar unha escritura máis íntima, mergullándonos cara o noso interior...
 
    Aí van algúns poemas colectivos que saíron nos distintos grupos:
 

3º ESO A

O meu avó tiña 16 anos e a miña avoa 13
libre como dí a palabra
soidade
os abandonan
constancia
diversión
esforzo
necesidade
traballou no mar
hai moitas
agardando a chegada.
 

3º ESO B

Os sentimentos son unha tormenta
E eu son o paracaídas
A miña familia é unha cascada
E eu son o lirio que nada á súa beira
Se a vida é o mar , eu eu nado nel
A miña tristeza e un río
Polo que eu navego ata chegar ao final
El fútbol es mi vida
Os meus pais son coma os castiñeiros
Clásico:
As árbores están cheas de montes.
 

4º ESO A

A min gústame durmir
Cando oio a alguén dicir iso, derrúmbome
Sen buscar nada máis
Cando xa era noite
É case a metade da súa vida
Ignorancia e sufrimento
Somos bastantes
Miña nai
 

4º ESO B

Se había caído por las escaleras
si se quiere se puede
todo o mundo ten erros
policía
mar
distancia
monte
tan hermoso

24/11/20

Actividades 25 N

    O equipo do proxecto IGUÁLA-T, do que esta biblioteca forma parte, leva planificando desde o comezo de curso actividades que favorezan boas prácticas no campo da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

    Para conmemorar o Día Internacional da Non Violencia Contra as Mulleres, decidimos seleccionar dous libros de poemas sobre os que traballar: Amor se escribe sin sangre I e II e Sulagar o soño, este último da nosa compañeira Montse Villar. Algunhas autoras dos poemas colaboraron co noso centro elaborando vídeos recitándoos e están sendo proxectados e comentados cada día durante a "hora de ler" en todos os niveis educativos. Por outra banda, a semana pasada gravamos un vídeo no propio centro baseado no poema Ensináronme, de Montse Villar, que será proxectado mañá.


     Ademais, traballarase nas titorías o tema das relacións tóxicas na adolescencia, analizando distintas condutas de rapaces e rapazas ante situacións que, por desgraza, están a ser bastante habituais.

08/11/20

Obradoiro de poesía con Raúl Vacas

       O pasado luns visitou o noso centro Raúl Vacas, poeta e escritor salmantino, autor do libro Niños raros que este trimestre está a ler o alumnado de 1º ESO. Raúl chegou cunha peculiar maleta da que saíron obxectos sorprendentes, creadores de poesía e xeradores de felicidade para quenes escoitabamos a este mago das palabras.

NIÑOS RAROS | RAUL VACAS POLO | Comprar libro 9788467586176

    Niña de espuma, Niño frío, Niña de humo ou Niño koala, son algúns exemplos dos cativos que o autor presenta neste libro con todas as súas peculiaridades e dunha maneira moi poética, xogando coas palabras, rimando con números e despregando unha serie de recursos nos versos que, coas ilustracións que os acompañan, recrean un marabilloso mundo máxico e extravagante. 

    O seguinte vídeo recolle imaxes dos obradoiros impartidos no noso centro por Raúl Vacas nos grupos de 1º e 2º ESO. A canción Niña búho é da artista Chloé Bird, que puxo música aos poemas deste libro no disco Un mundo de niños raros.


    Moitísimas grazas por esta experiencia!

23/10/20

Hora de ler

    Despois destas primeiras semanas de aterrizaxe no novo curso e feitas as avaliacións iniciais, por fin podemos poñer en marcha a "Hora de ler", un tempo dedicado diariamente á lectura (os primeiros 20 minutos da sesión de clase que corresponda). Xeralmente adoitamos animar ao alumnado a que traian o libro que lles apeteza para facer unha lectura libre, pero o profesorado tamén pode facer lecturas guiadas por materias ou lecturas compartidas. Todos os anos establecemos un calendario semanal cos 20 minutos de lectura diaria que van rotando de sesión: a primeira semana faise na primeira sesión de clase, a segunda semana na segunda sesión e así sucesivamente. Nos cortizos das aulas xa temos colocado este calendario para non despistarnos.



09/10/20

Biblioteca virtual

    Ademais das actividades de xestión propias de todo comezo de curso, o equipo da biblioteca está a traballar na planificación dun protocolo ante a posibilidade de que se produzan situacións de actividade non presencial, parcial ou total. Entre outras actuacións cómpre destacar a promoción do uso de ferramentas virtuais de videoconferencia que permitan a apertura da BE en horarios determinados, con profesorado de garda, con posibilidade de reunirse e favorecer encontros entre o alumnado de distintos cursos....

    Tamén estamos a deseñar un espazo virtual para poñer a disposición da comunidade educativa distintos recursos en liña: ligazóns de interese, materiais dixitalizados, títulos para libros electrónicos, material en liña: libros, prensa, audiolibros, xogos... 

    Presentámosvos os borradores dalgunhas das páxinas da nosa biblioteca virtual.






21/09/20

Biblioteca segura

    Pois xa temos a biblioteca preparada para comezar este novo curso dun xeito seguro. Nos seguintes carteis, que atoparedes no cortizo da entrada e en distintos puntos da biblioteca, tedes toda a información necesaria para coñecer o protocolo que seguiremos en canto ao uso deste espazo.



16/09/20

Protocolo COVID 19

                Neste novo curso que comeza, a biblioteca continuará a ser o lugar de referencia para a lectura, a información e as diferentes aprendizaxes. Para facer un uso seguro deste espazo común, o equipo da biblioteca está a ultimar un protocolo cunha serie de normas que a comunidade educativa debe cumprir para que todo funcione correctamente. Mentres  deseñamos os carteis infográficos que ilustrarán estas normas, podedes ir vendo nesta presentación unha idea das medidas que imos tomar.

Agardámosvos na biblio!