O mércores 29 de marzo recibiremos no noso centro ao escritor de literatura infantil e xuvenil Fernando Lalana. O alumnado de 3º ESO que forma parte do Club de Lectura Ons, a Illa do Tesouro, estivo a ler durante este mes a obra La Tuneladora, e será o encargado de entrevistar a Lalana, que fará unha exposición do seu traballo.
Foto biblioteca
27/03/17
25/03/17
SarabelaTeatro e Salón do Libro
O pasado venres, unha parte do alumnado do IES Illa de Ons desprazouse ata Pontevedra para ver a obra "Normas para saber vivir na sociedade actual", de Sarabela Teatro, e o VIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
No seguinte vídeo podedes ver un resumo desta xornada:
22/03/17
XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
O venres 24 de marzo visitaremos, cos
alumnos e alumnas de 1º ESO e o alumnado de 4º ESO matriculado na
materia de Artes Escénicas, o XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de
Pontevedra, que este ano leva por lema "O mundo que queremos". A
organización do Salón quixo tratar este ano temas como o coidado
do medio ambiente, a saúde, a integración e a igualdade. Todas esas
accións que podemos levar a cabo a diario, aportando o mellor de nós
mesmos e dos nosos coñecementos na medida que formamos parte da
sociedade na que vivimos, son as que busca "O mundo que queremos".
Aproveitando esta saída, e no mesmo Pazo da Cultura de Pontevedra, veremos a obra de teatro "Normas para saber vivir na sociedade actual" de Sarabela Teatro.
21/03/17
Son de poetas
Hoxe, Día da Poesía, deixámosvos unha ligazón ao blog Son de poetas, unha Antoloxía da poesía galega musicada elaborada polo Departamento de Lingua galega e Literatura e o Equipo de
Normalización do IES David Buján de Cambre, A Coruña.
Poemas de Curros, Pondal, Rosalía, Celso Emilio, Lorca, Ana Romaní, Lois Pereiro, Manuel María ou Neira Vilas entre outros, son interpretados por músicos como Berrogüetto, Carlos Núñez, Nao, Cristina Pato, Milladoiro...
07/03/17
Muller e Poesía
Co fin de celebrar dous días de grande importancia deste mes: o Día da Muller (8 de marzo) e o Día da Poesía (21 de marzo), a Biblioteca do IES Illa de Ons en colaboración co Departamento de Música gravou na xornada de hoxe un vídeo poema. A obra escollida nesta ocasión para ser recitada foi Días, incluída no libro Pel de muller, da escritora buenense Asun Estévez.
Ana Vilas, María Simone, Antía Piñeiro, Aarón Fandiño, Paula Pena,
Rebeca Fernández, Mila Estévez e Malena Ogando, acompañadas por Teté á
guitarra, fixeron unha lectura compartida do poema. Colaboraron tamén na gravación as alumnas Lara Parada e María Villanueva.
21/02/17
24 de febreiro #RosalíaTe
Para conmemorar o 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, a Biblioteca do IES Illa de Ons e o Equipo de Dinamización Lingüística sumáronse á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para os centros de ensino galegos. A actividade consistiu na gravación dun "reto do manequín" no que participou o alumnado de 1º e 3º ESO, posando en parellas de titores/as e titorandos TEI (titoría entre iguais). Tamén o profesorado e o persoal non docente colaboraron nesta iniciativa, así como as voluntarias da biblioteca de 2º e 4º ESO que deseñaron as poses e o percorrido da gravación. A voz que escoitamos no vídeo é de Ana Vilas, alumna de 4º ESO.
Moitas grazas a todos/as pola vosa participación!
Moitas grazas a todos/as pola vosa participación!
10/02/17
BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS
O IES Illa de Ons adheriuse recentemente á iniciativa “Voluntariado na biblioteca escolar” dentro do programa de BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS.
Un total de trinta alumnos e alumnas apuntáronse a esta proposta de colaboración coa biblioteca do centro. Este alumnado, unha vez rematado o curso, e sempre que teñan realizado un mínimo de 15 horas de traballo voluntario na biblioteca, recibirán un diploma acreditativo emitido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Un total de trinta alumnos e alumnas apuntáronse a esta proposta de colaboración coa biblioteca do centro. Este alumnado, unha vez rematado o curso, e sempre que teñan realizado un mínimo de 15 horas de traballo voluntario na biblioteca, recibirán un diploma acreditativo emitido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Polo momento o alumnado está a aprender a facer empréstitos e devolucións co Proxecto Meiga, a organizar os fondos e a etiquetar exemplares. Tamén están a colaborar coa planificación dun "Mannequin Challenge" para conmemorar o Día de Rosalía de Castro.
08/02/17
Concurso de cartas e poesías "Dillo en galego"
Para celebrar o día 14 de febreiro, os equipos da Biblioteca e de Dinamización Lingüística convocan o concurso "Dillo en galego". O alumnado interesado en participar poderá presentar cartas e poesías de amor ou amizade escritas en galego. Os traballos deberán incluír o nome e apelidos do autor/a e deberán depositarse en sobre pechado no "buzón do amor", situado na entrada do instituto, antes das 12:00 h. do martes 14 de febreiro.
Nesta mesma data proxectarase na pantalla da entrada do noso centro a curtametraxe animada Paperman, a historia dun home que tenta conquistar á rapaza dos seus soños utilizando a imaxinación e uns papeis.
Paperman, producida por Walt Disney Animation Studios e dirixida por John Kahrs, foi gañadora dun Óscar no ano 2012.
Paperman, producida por Walt Disney Animation Studios e dirixida por John Kahrs, foi gañadora dun Óscar no ano 2012.
30/01/17
Buzón de suxestións
Estreamos buzón na biblioteca!
Se tes propostas que facer ou opinións que aportar sobre a biblioteca e o seu funcionamento, podes utilizar o novo buzón situado na entrada.
Queres saber como está feito? Na seguinte composición de imaxes podes ver o proceso de elaboración.
Se queres facer un igual só necesitas unha caixa de cartón, pegamento termofusible, papel de alumnio e betún.
- Fai debuxos de liña sobre o cartón.
- Coa pistola de pegamento termofusible aplica sobre as liñas o produto (ollo co pulso!). Se non tes este tipo de material podes utilizar no seu lugar cola branca con aplicador.
- Deixa secar ben ata que endureza.
- Aplica cola branca (ou pegamento de barra) sobre toda a superficie.
- Coloca enriba o papel de aluminio e fai presión cun algodón por toda a superficie, pegando ben o papel de forma que envolva todos os volumes elaborados.
- Cunha esponxiña aplica o betún e deixa que seque uns minutos.
- Cun trapo vello limpa suavemente a superficie para eliminar o exceso de betún do altorrelevo, de xeito que as partes altas queden máis limpas (e deixen ver mellor o papel de aluminio) e as partes máis baixas e os contornos das liñas queden máis escuras.
11/01/17
Códigos QR
Para facilitar o acceso da comunidade educativa a distintos sitios web da nosa biblioteca, elaboramos os seguintes códigos QR que serán distribuídos por distintas aulas e zonas do noso centro. Ademais a biblioteca contará con marcapáxinas con este deseño para o alumnado e as familias que o soliciten.
09/12/16
Lecturas e música recomendadas
O equipo da biblioteca e de dinamización lingüística, a través da coordinadora de equipos de dinamización lingüística do Morrazo, presenta as seguintes recomendacións de lecturas e música en galego ao alumnado e as súas familias.

01/12/16
CULTURGAL 2016
Os días 2, 3 e 4 de decembro de 2016 celébrase, no Pazo da Cultura de Pontevedra, unha nova edición da Feira das Industrias Culturais CULTURGAL. Podes consultar a programación e outra información de interese na seguinte páxina: WEB CULTURGAL 2016
29/11/16
25 de Novembro
O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, fomos invitados polo equipo da Biblioteca do IES Johan Carballeira de Bueu, a participar nunha serie de actividades centradas no rexeitamento da violencia contra as mulleres. Os alumnos e alumnas dos tres centros públicos de Bueu, pintaron as mans de cor laranxa* e estampáronas sobre cartolinas, escribiron frases de apoio ás vítimas e recordaron ás mulleres asasinadas escribindo os seus nomes sobre siluetas de bolboretas*.
* O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981 en conmemoración á data na que foron asasinadas as irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), tamén coñecidas como As Mirabal ou Bolboretas, en República Dominicana.
* A campaña do Secretario Xeral das Nacións Unidas ÚNETE para pór fin á violencia contra a Muller convida a «pintar o mundo de laranxa», usando así a cor elixida por esta campaña como símbolo dun futuro máis brillante sen violencia.
Ademais deste acto, o alumnado de 3º e 4º ESO participou nun programa de Radio Ons centrado nunha audición musical con cancións referentes á violencia de xénero. José Luís (3º ESO) e Ana, Mila e María (4º ESO) foron os/as encargados/as de levalo a cabo.
O cartel que ambientou o espazo da radio, onde se pode ver unha reprodución do cadro de Picasso "Muller que chora", foi elaborado polo alumnado de 1º ESO A.
Tamén tiveron lugar varias actuacións no salón de actos nas que participaron alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO. Poemas, cancións e obras de arte rexeitando a violencia de xénero que emocionaron tanto ao alumnado como ao profesorado.
20/11/16
"O rostro das letras" e Castelao
O 19 de novembro os departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Castelá e Literatura e Educación Plástica e Visual, organizaron unha saída a Pontevedra. O alumnado de 3º e 4º da ESO visitou, no Museo de Pontevedra, a exposición "O rostro das letras. Escritores e fotógrafos en España desde o Romanticismo ata a Xeración de 1914" e os fondos sobre Castelao.
A exposición fotográfica representa a diferentes
persoeiros como Rosalía de Castro,
Valle-Inclán, Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Galdós,
Baroja, Emilia Pardo Bazán, Unamuno... Todos eles retratados por grandes
fotógrafos dos séculos XIX e XX que foron testemuñas dunha época
gloriosa da literatura española e galega, como Alfonso, Compañy,
Franzen, Juliá, Kaulak, Nicolás Muller, Santos Yubero, Catalá-Roca e
Ramón Masats, entre outros.
Nesta mostra reflíctese a evolución do retrato fotográfico desde os primeiros procedementos utilizados (o daguerrotipo e o calotipo) ata o desenvolvemento da prensa ilustrada e
o mundo dos reporteiros gráficos.
Ademais dos primeiros retratos fotográficos e as cartas de visita, os apartados que máis nos chamaron a atención foron os dedicados aos vellos
estudos fotográficos, cos decorados e os obxectos cos que os fotógrafos contaban para ambientar as súas fotografías, e o centrado nas tertulias e cafés, onde organizaban as súas reunións os literatos.
Tamén tivemos unha interesante charla didáctica sobre a vida e a obra de Castelao. Descubrimos as súas múltiples facetas: debuxante, pintor, caricaturista, ilustrador, escenógrafo,
novelista, médico, etnógrafo, autor teatral, ensaísta, político... A través da ilustración de "Migueliño" coñecemos o relato de Castelao e mesmo fixemos a nosa particular representación.
Aproveitamos a nosa estancia en Pontevedra para facer unha visita guiada polo casco vello. Raquel, a guía turística do Concello, contounos algo de historia da cidade, dalgúns edificios e prazas, as peculiaridades dos nomes dalgunhas rúas, as familias representadas nos escudos das fachadas...
O seguinte vídeo resume esta interesante xornada.
11/11/16
11 de novembro, Día das Librarías
Hoxe, 11 de novembro, celébrase o Día das Librarías. A modo de conmemoración deixámosvos unha escolma dalgunhas das librarías máis fermosas do mundo.
Selexyz Dominicanen (Maastricht-Países Baixos)
O Ateneo Grand Splendid (Bos Aires)
Cafebrería O Péndulo (Cidade de México)
Barter Books (Alnwick, Reino Unido)
Altaïr (Barcelona)
Lello (Porto)
Kid’s Republic (Pekín)
Acqua Alta (Venecia)
Bardón (Madrid)
The Last Bookstore (Os Ánxeles)
10/11/16
II Maratón Fotográfico San Martiño de Bueu
Mañá celebramos en Bueu o San Martiño. Desde a Biblioteca do IES Illa de Ons queremos animar a toda a Comunidade Educativa a participar no II Maratón Fotográfico, unha das actividades programadas polo Concello.
Temática
Forman parte da temática do Maratón todas as actividades relacionadas coa festa, así como as tradicións e costumes propias do San Martiño de Bueu.
As fotografías presentadas terán que realizarse durante os tres días
que comprende o maratón, para o que se programarán dous percorridos
fotográficos organizados, un por cada categoría (adulta e
infantil/xuvenil, consultar programación). Ademáis disto, as persoas
participantes poden facer de xeito libre fotos representativas do San
Martiño de toda a actividade en torno ás festas (pasarrúas, eventos
relixiosos, comida, verbena, tradicións do outono coma o magosto, xogos
tradicionais, etc).
Premios e categorías
Categoría adulta (maiores 14 anos)- Primeiro premio: 150€ + impresión e enmarcado da imaxe + lote entidades colaboradoras
- Segundo Premio: 75€ + impresión e enmarcado da imaxe + lote entidades colaboradoras
- Terceiro Premio: 50€ + impresión e enmarcado da imaxe + lote entidades colaboradoras
Escolleranse as tres mellores fotografías, que recibirán como premio: impresión e enmarcado da imaxe + lote de entidades colaboradoras.
Selección de fotografías finalistas a maiores das xa premiadas, que pola súa calidade poidan formar parte da exposición organizada con motivo do II Maratón Fotográfico San Martiño de Bueu.
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS FINALISTAS E GAÑADORAS
Do 19 ao 26 de novembro, en horario de apertura da Praza de Abastos (rúa Montero Ríos, s/n 36930 Bueu).
O Maratón celebrarase do VENRES 11 AO DOMINGO 13 DE NOVEMBRO ambos inclusive, e os traballos entregaranse ata o LUNS 14 DE NOVEMBRO antes das 00:00h da noite preferiblemente por medios dixitais no formulario web da páxina de ARGO NAVIS, ou fisicamente na sede de Argo Navis en horario de 10:00h a 13:30h e de 16:30h a 20:30h (Montero Ríos nº 57 baixo, 36930 Bueu, Pontevedra).
02/11/16
Lecturas de terror en Radio Ons
O pasado venres, co gallo da celebración do Samaín, os equipos da biblioteca e de dinamización lingüística estivemos a ambientar a radio para a retransmisión do programa que terá lugar o día 4 de novembro. Nesta ocasión será o alumnado da materia de Oratoria o encargado de realizar distintas lecturas dramatizadas de terror.
Para ir abrindo boca podedes premer na seguinte imaxe e escoitar o relato "El corazón delator" de Edgar Allan Poe, autor co que tamén damos comezo ás nosas lecturas do Club.
28/10/16
Gañadores/as do concurso de marcapáxinas
Xa temos gañadores/as do concurso de marcapáxinas convocado pola biblioteca:
- Diana Ogando (1º ESO A)
- Lucía López (3º ESO A-1)
- Miguel Comedeiro (3º ESO A-2)
- Ana Cortizo (4º ESO A)
19/10/16
24 DE OUTUBRO - DÍA DA BIBLIOTECA
Para conmemorar o 24 de outubro, Día da Biblioteca, o equipo da biblioteca convoca un concurso de deseño de marcapáxinas ao que está convidado a participar todo o alumnado do centro. Valorarase fundamentalmente a creatividade e a presentación dos deseños e poderán outorgarse varios premios en función da calidade dos traballos presentados.
O alumnado poderá facer entrega dos marcapáxinas ao responsable da biblioteca do centro durante os recreos. O prazo de presentación finaliza o luns 24 de outubro.
Nas seguintes imaxes, con ligazón a páxinas que vos explican como e con que materiais traballar, podedes atopar exemplos de marcapáxinas que vos poden servir de inspiración:
17/10/16
13/10/16
A arte de facer un libro
Fai non demasiado tempo, os libros imprimíanse
un a un, a man. O proceso esixía dedicación, minuciosidade e unha atención ao
detalle excepcional, desde o momento no que se armaban as caixas de tipos para
logo entintalas e pasar o papel pola prensa, até o proceso de dobrar, alisar e
cortar os pregos para coselos, encolalos e encadernalos debidamente.
No vídeo podes ver todo o proceso de
fabricación dun libro:
As letras de metal colocábanse unha a unha
formando as palabras e as liñas. Preparábanse oito páxinas de texto que eran
entintadas dun xeito uniforme. Colocábase o papel sobre as "páxinas de
metal" e nunha prensa facíase a presión suficiente para estampar o texto
entintado.
As follas impresas eran pregadas, cortadas, aplanadas nas dobreces e
posteriormente cosidas en bandas. O lombo redondeábase e os bordes das páxinas
recortábanse para igualar o seu tamaño. Os extremos do lombo eran protexidos e
utilizábase unha cuberta de coiro para forrar o libro. Finalmente embelecíase
utilizando unha ferramenta de metal quente.
02/05/16
18/04/16
Lectura obras de Manuel María
O Concello de Bueu súmase este sábado á
celebración do DÍA DO LIBRO, polo que organiza unha lectura de obras
de Manuel María, ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Con este motivo quere facer un chamamento á participación do maior
número de persoas, alumnado e familias, O acto terá lugar este sábado ás 12 horas na Biblioteca Municipal Torrente Ballester.
03/03/16
Taller sobre "Xornalismo na escola"
O venres día 4, no noso centro impartirase un taller de xornalismo ao alumnado de 3º de ESO e 4º de PDC.
O que impartirá o taller é Víctor Sariego do Colexio de Xornalistas de Galicia.
O que impartirá o taller é Víctor Sariego do Colexio de Xornalistas de Galicia.
14/12/15
Guías de lectura para o Nadal
As
festas de Nadal e Fin de Ano que están a punto de comezar son unha
época típica para a realización de regalos, nomeadamente aos
menores da casa. Dentro da múltiple oferta dispoñible, moita xente
é partidaria de incluír algún elemento de carácter cultural,
aínda que por veces a elección pode resultar complicada.
Nos últimos anos, coñecedores desta situación, os equipos de dinamización lingüística da comarca do Morrazo publican un folleto-guía para dar a coñecer ás familias as últimas novidades no relativo a discos, novelas, cómics, DVD..., co elemento en común de utilizaren todos a lingua galega. Este folleto preséntase dividido por idades para facilitar a localización de materiais acordes ás diferentes idades . Ademais, tamén inclúe un apartado de produtos dirixidos a adultos, pois este tipo de regalos resulta enriquecedor para todos nós.
Nos últimos anos, coñecedores desta situación, os equipos de dinamización lingüística da comarca do Morrazo publican un folleto-guía para dar a coñecer ás familias as últimas novidades no relativo a discos, novelas, cómics, DVD..., co elemento en común de utilizaren todos a lingua galega. Este folleto preséntase dividido por idades para facilitar a localización de materiais acordes ás diferentes idades . Ademais, tamén inclúe un apartado de produtos dirixidos a adultos, pois este tipo de regalos resulta enriquecedor para todos nós.
Un afectuoso saúdo co noso desexo de que pasen unhas felices festas.
03/12/15
Presentación do libro do noso compañeiro Óscar !
O vindeiro venres 4 de decembro dentro da programación
do Culturgal (Feira das Industrias Culturais de Galicia, que se celebra
no Pazo da Cultura de Pontevedra), terá lugar ás 19.00 h no Espazo foro a presentación do libro "A nenez galega a través dos anteollos de CASTELAO",
dos autores: Diana Vilas Meis, Óscar Rodríguez García, Laura Carpente
Tielas e Manuel Rodríguez Conde. Colabora: Gabinete didáctico do Museo
de Pontevedra. Publica: Deputación de Pontevedra.
02/12/15
CULTURGAL
Culturgal pretende ser unha experiencia única para
todas e todos aqueles que participan dela: expositores, artistas,
empresas, públicos, etc. A organización de Culturgal sabe que para
acadar este obxectivo, o recinto do Pazo da Cultura ten que ofrecer unha
serie de servizos que fagan gratificante a visita á gran cita da
cultura do país.
Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands dedicados a libro, música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía e máis, Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os 3 días: concertos, espectáculos familiares, encontros con escritores, estreas de filmes e moito máis.
Culturgal 2015, 4, 5 e 6 de decembro, Pazo da Cultura de Pontevedra.
Presume de Culturgal!
http://culturgal.com/programacion-culturgal-2015/
Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands dedicados a libro, música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía e máis, Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os 3 días: concertos, espectáculos familiares, encontros con escritores, estreas de filmes e moito máis.
Culturgal 2015, 4, 5 e 6 de decembro, Pazo da Cultura de Pontevedra.
Presume de Culturgal!
http://culturgal.com/programacion-culturgal-2015/
07/05/15
Conferencia no CEIP MONTEMOGOS.
O colexio Montemogos celebra a 28ª Semana Cultural e Letras Galegas.
Con este motivo convida ao profesorado, ás nais e aos pais e ao alumnado de Bueu a asistir á conferencia que o escritor Pedro Feijoo Barreiro (Vigo, 1975) impartirá na biblioteca doCEIP Montemogos en relación co seu libro Os fillos do mar.
Nesta novela de intriga, finalista do premio Xerais, a trama transcorre en lugares como Vigo ou Bueu. Ao remate o escritor asinará exemplares e poderemos conversar con el.
Con este motivo convida ao profesorado, ás nais e aos pais e ao alumnado de Bueu a asistir á conferencia que o escritor Pedro Feijoo Barreiro (Vigo, 1975) impartirá na biblioteca doCEIP Montemogos en relación co seu libro Os fillos do mar.
Nesta novela de intriga, finalista do premio Xerais, a trama transcorre en lugares como Vigo ou Bueu. Ao remate o escritor asinará exemplares e poderemos conversar con el.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)






































